Rebeca Atencia, nada en Ferrol en 1977, é unha veterinaria e primatóloga galega. É a directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República do Congo, dependente do Instituto Jane Goodall.

Traxectoria Pasou a infancia en Serantes. Logo estudou veterinaria na Universidade Complutense de Madrid.

No ano 2005 comezou a colaborar na ONG Help Congo nun proxecto de reintrodución de primates feridos no Parque Nacional de Conkouati Douli, na República do Congo.

Levaba 10 meses nesa reserva cando recibiron a visita da primatóloga Jane Goodall, na altura a maior primatóloga do mundo. Goodall fixóuselle no traballo e propúxolle dirixir o centro de rehabilitación de Tchimpounga, situado non moi lonxe de alí, 50 km ao norte de Pointe-Noire, xa no departamento de Kouilou. Nese centro, fundado en 1992, coidan e protexen uns 150 chimpancés e bonobos procedentes de capturas ilegais, co propósito de volvelos á selva. Ao mesmo tempo desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á poboación da zona e realizan estudos zoolóxicos, como o que Atencia dirixiu sobre cardioloxía dos chimpancés, analizando as diferenzas entre os electrocardiogramas de chimpancés e humanos.

Honras

2019: O Concello de Ferrol concedeulle o Premio 8 de Marzo no ano 2018 "en recoñecemento ao seu traballo e impecable traxectoria". 2018: A revista Newsweek escolleuna como unha das 20 mulleres do futuro no ano 2018. 2017: Premio Benestar Animal por parte do Colexio de Veterinarios de Madrid. 2010: Insignia de Oro do Concello de Ferrol.

Vida persoal A súa parella, o madrileño Fernando Turmo, traballa como director de comunicación para o Instituto Jane Goodall. Ten un fillo que se chama Kutú. Viven dacabalo entre Madrid e o Congo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Claramunt, T. (2013): "Científicas españolas por el mundo" Ligazóns externas Entrevista Girl Stem 2020

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes