Mercedes Ruibal Argibay, nada en Xeve (Pontevedra) en 1926 e finada en Madrid o 12 de abril de 2003,"Mercedes Ruibal fallece en Madrid", La Voz de Galicia, 13-4-2003, p. 48 foi unha pintora e escritora galega.
Traxectoria
En 1939 foi co seu irmán José Ruibal e coa súa familia a Bos Aires. Cando tiña uns vinte anos, emigrara a Bos Aires onde permaneceu algún tempo. Alí residía seu irmán, o escritor José Ruibal, que a introduciu no suxestivo mundo dos intelectuais e artistas dunha cidade cosmopolita como a capital bonaerense a principios dos anos cincuenta. Ali tamén comezou a pintar baixo os consellos e a guía de Laxeiro, cuxa obra marcou a Mercedes. Durante a súa estancia en Bos Aires fixo a súa primeira exposición en 1956.
En 1957 regresou a Galicia e expuxo en Vigo, cidade na que viviu boa parte da súa vida; unha mostra á que seguiron máis persoas en importantes galerías galegas e madrileñas. Mercedes fascinada polo ambiente que había no Madrid da posguerra, quedou un tempo na cidade aprendendo e pintando. En 1959 casou co tamén pintor Agustín Pérez Bellas. Despois veu a época de madurez da súa vocación.
Grazas ás influencias iniciais de Laxeiro e do seu gusto por un primitivismo arcaizante e naíf que foi o que marcou os seus primeiros períodos, un romántico popular cun acusado acento expresionista. A pesar disto moitos críticos coincidiron en sinalar de Mercedes era pintora dun único estilo.
Obras
Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso, 1978.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos José Ruibal Argibay (irmán).
Ligazóns externas Sobrino, María Luisa (2006). "Mercedes Ruibal" Álbum de Mulleres. Compendio de bibliografía Biografía na web DoGrisAoVioleta.ga
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1926