STS-135 foi a última misión do transbordador espacial Atlantis e ó mesmo tempo a última misión de tódolos transbordadores. Foi lanzada o 8 de xullo de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-135, con catro astronautas a bordo, foi a última misión do programa STS. Foi enviada á Estación Espacial Internacional co fin de reaprovisionala. A tripulación estaba formada polo comandante Chris Ferguson, o piloto Doug Hurley e os especialistas de misión Sandra Magnus e Rex Walheim.

O Atlantis, no seu voo final, acoplouse o 10 de xullo de 2011 ás 15:07 UTC ao módulo Harmony levando o módulo loxístico multipropósito (MPLM) Raffaello cargado con case 4 toneladas de subministracións e equipamento, e o contedor lixeiro multipropósito (Lightweight Multi-Purpose Carrier, LMC).

O Atlantis volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 21 de xullo de 2011 ás 9:55 UTC.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS