STS-26 foi a primeira misión dun transbordador espacial despois do accidente do transbordador espacial Challenger. Foi levada a cabo polo Discovery e lanzada o 29 de setembro de 1988 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-26, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 3. A tripulación estaba formada polo comandante Frederick H. Hauck, o piloto Richard O. Covey e os especialistas de misión John M. Lounge, George D. Nelson e David C. Hilmers.
O TDRS-3, cunha etapa IUS (Inertial Upper Stage) acoplada, viaxou na bodega do transbordador e foi o segundo satélite TDRS en ser posto en órbita. Como obxectivo secundario a tripulación fixo varios experimentos coa carga científica de a bordo, incluíndo Physical Vapor Transport of Organic Solids (PVTOS), Protein Crystal Growth (PCG); Infrared Communications Flight Experiment (IRCFE); Aggregation of Red Blood Cells (ARC), Isoelectric Focusing Experiment (IFE), Mesoscale Lightning Experiment (MLE), Phase Partitioning Experiment (PPE), Earth-Limb Radiance Experiment (ELRAD), Automated Directional Solidification Furnace (ADSF) e dúas cargas científicas desenvolvidas por estudantes. Tamén voou no transbordador o experimento Orbiter Experiments Autonomous Supporting Instrumentation System-I (OASIS-I) para rexistrar parámetros da contorna ambiental durante varias fases do voo.
O Discovery regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 3 de outubro de 1988.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery Accidente do transbordador espacial Challenger
Categoría:Programa STS