dereita|miniatura|Nai con fillos nos ombros. Chaco boliviano. Gran Chaco

A maternidade é a condición de nai, o feito de traer un bebé ao mundo. Por extensión o termo designa tamén o estabelecemento hospitalario onde se atende as mulleres durante o embarazo, parto e puerperio, así como os lactantes. É un concepto que abrangue moitos puntos de vista e o uso en plural. No século XX e XXI iniciáronse varios debates sobre a maternidade, sobre todo desde o pensamento feminista nos que se cuestiona a súa transcendencia no económico, político e social.

Etimoloxía Procede de matrem (mater-matris) e está próxima en morfoloxía e significado a matrix, matriz.

Definición Segundo a historiadora Rosa María Cid López remite a feitos biolóxicos, funcións sociais, representación simbólica e a unha construción cultural e social.

A maternidade vista desde o feminismo miniatura|Simone de Beauvoir Antes que o estudo da historia foi o feminismo o que se ocupou da análise da maternidade.

Hai diferentes análises de como enfrontou a primeira onda do feminismo a maternidade. Anne Cova analiza que en numerosos países servíronse da maternidade como trunfo para penetrar na esfera pública reivindicando dereitos para as nais e para as mulleres en xeral. Carmen Suárez Suárez denomina feminismo maternalista ou maternalismo feminista á reivindicación desde o feminismo de dereitos especiais ou específicos para as mulleres por ser nais nas primeiras décadas do século XX.

Na segunda onda do feminismo no feminismo da igualdade a maternidade foi cuestionada desde a necesidade de independencia que se analizaba coartada por esta.Sánchez, C.: Simone de Beauvoir: Del sexo al género. O segundo sexo de Simone de Beauvoir é clave nesta formulación. Logo, cobrou moita importancia a denuncia da imposición do modelo de muller e de familia na obra de Betty Friedan The Feminine Mystique.. Shulamith Firestone, na década de 1970, en The Dialectic of Sex (a dialéctica do sexo) propuxo unha maternidade artificial para superar a suxeición das mulleres á maternidade.

Adrienne Rich en Of Woman Born: Motherhood as Experience and Institution (Nacemos de muller. A maternidade como experiencia e institución) disocia a maternidade como experiencia da maternidade como institución e oponse á análise da segunda onda do feminismo. Rich considera que a maternidade é un espazo de poder que a muller ten que recuperar. O feminismo da diferenza compartiu esta visión na súa reivindicación dos valores culturalmente atribuídos ao feminino. Valores asociados á maternidade e á socialización diferenciada das mulleres. A maternidade está contemplada na obra de Luisa Muraro L'ordine simbolico della madre (A orde simbólica da nai).

Nas análises desde o feminismo, tamén foi importante o cuestionamento do amor maternal que fixo Elisabeth Badinter na súa obra L'Amour en plus e a obra de Kate Millett.

Historia As transformacións sociais inflúen na forma de concibir e representar a maternidade, mais é un tema que aínda está pouco estudado.

No Antigo Exipto existían significados especiais na maternidade e que usualmente se manifestaban no hábito funerario.

Na investigación histórica na análise da maternidade en occidente estabelecen dous períodos diferenciados, antes e despois do século XVIII. Na antigüidade e na Idade Media habería unha desvalorización da maternidade relacionada coa énfase no poder paterno. No século XVIII deseñaríase unha nova imaxe da relación da muller coa maternidade e unha exaltación do amor materno.

Século XX A Segunda República Española lexislou sobre a maternidade coa instauración do Seguro de Maternidade. Foi controvertido e xerou varios conflitos, sobre todo en Cataluña. No franquismo a Igrexa Católica e a Falange configuraron un modelo de muller tradicional que tiña na maternidade e a perpetuación da familia a súa misión suprema. No Estado Español considérase que unha figura importante na imposición dun modelo maternal foi a do médico Gregorio Marañón.

Na URSS concedeuse desde 1944 a Medalla á Maternidade ás nais que tivesen e educasen cinco fillos (segunda clase) ou seis e máis fillos (primeira clase).Volodin, A.; Merlai, H. (1997): Медаль CCCP - Medals of the URSS. Riga. ISBN 5-7062-01110

A maternidade desde a antropoloxía A Antropoloxía clásica, Bronisław Malinowski, Margaret Mead, Claude Lévi-Strauss, non se interesou pola maternidade. Comezou a ser obxecto de estudo na década de 1970 coa aparición da antropoloxía feminista.

Conceptualización da maternidade

Sharon Hays elaborou o concepto de maternidade intensiva para denominar o tipo de maternidade que se desenvolveu nas décadas de 1970 e 1980 nos países ricos.

Sepáranse como distintos conceptos a maternaxe da maternidade.

Para Celia Amorós o proxecto de ter un fillo cando é un proxecto dunha maternidade pensada, cando é un proxecto humano, non é inmanencia, non é mera repetición da vida, é transcendencia.

No plano político considérase que falar da maternidade tanto apunta ao dereito de ser nai e de vivenciar unha maternidade plena como ao dereito da muller de escoller non ser nai.

Para Elisabeth Badinter a maternidade converteuse nunha nova forma de escravitude como resultado da crise económica nos inicios do século XXI en Europa.. Desde a heterodoxia Casilda Rodrigáñez Bustos considera que a maternidade está robotizada.

No plano económico para Carolina del Olmo a maternidade é "un lugar atravesado pola economía, a política e a moral e que ao mesmo tempo constitúe o centro da nosa estrutura social e lle dá forma ao sentido común e á ética compartida"."Camiñamos cara a un mundo no que coidar persoalmente dos teus fillos vai ser un luxo", entrevista de Marcos Pérez Pena a Carolina del Olmo en Praza Pública, 21 de xaneiro de 2018.

No século XXI hai unha familia posfamiliar para a que foi preciso que houbese varias disociacións sucesivas, o sexo con respecto á reprodución, a maternidade con respecto ao matrimonio e a maternidade con respecto á parella.

Desde a antropoloxía cultural, como explica a antropóloga Henrietta Moore, en todas as sociedades as mulleres dan a luz, mais este feito non merece sempre idéntico recoñecemento.http://unaantropologaenlaluna.blogspot.com.es/2012/10/madre-no-hay-mas-que-una-la-maternidad.html Para Cristina Palomar Verea "A maternidade non é un “feito natural”, senón unha construción cultural multideterminada, definida e organizada por normas que se desprenden das necesidades dun grupo social específico e dunha época definida da súa historia." Para Perrot a maternidade non comeza co embarazo, xa que para moitas mulleres a maternidade é fonte de identidade aínda cando non fose unha etapa vivida.

En España a propia definición do que é a maternidade quedou traspasada polo cuestionamento da súa existencia máis aló do biolóxico nas sociedades patriarcais e da súa non equiparación e secundarización con respecto da paternidade no libro El vacío de la maternidad de Victoria Sau:

A situación legal sobre os permisos de maternidade e de paternidade están converxendo en 2018 en Galiza.. A confluencia pode ser considerada como un índice de maior corresponsabilidade.

Marga Tojo en Maternidade fóra de catálogo escribe un ensaio sobre a maternidade no que considera que

Diana López Varela escribiu Maternofobia que analiza as presións cara a ela na vida das mulleres.

Susana Carro investiga na construción simbólica e xurídica da maternidade.

Na ciencia Desde o sexismo científico opúxose intelecto e maternidade.

A científica María de la Fuente propuxo no século XXI mecanismos correctores para que a maternidade non limitase as carreiras científicas.

No asociacionismo Da maternidade compartida xorden asociacións de acción política como o caso das Nais de Praza de Maio ou o caso das nais contra a droga no xermolo de Érguete.

Na arte

A maternidade está amplamente representada na arte sendo central a través da representación da Virxe María evolucionado o seu tratamento na arte contemporánea.

Na socioloxía En 2016 Orna Donath publicou un ensaio sobre a maternidade como unha opción valorada desde o arrepentimento.https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5819955 Notas

Véxase tamén Bibliografía Fernández Pujana, I. (2014): Feminismo y maternidad: ¿Una relación incómoda?. Gasteiz: Emakunde. Patricia Merino Murga Maternidad, Igualdad y Fraternidad Jacqueline Rose. Madres: un ensayo sobre la crueldad y el amor. Adrienne Rich. Of Woman Born: Motherhood, 1976 Las mujeres y los niños primero. Discursos de la maternidad. Ángeles de la Concha (coord.) Raquel Osborne (coord.) ISBN 978-84-7426-693-9, 2004 Yvonne Knibiehler. Histoire des méres et de la maternité en Occident, 2002. ISBN 9782130528609 Gisela Bock e Pat Thane, Maternity and Gender Policies Women and the Rise of the European Welfare States, 1880-1950s, 1991, ISBN 0415047730. Marina d´Amelia. Storia della Maternita, 1997. Maternidades. (De)construcciones feministas. Carmen Suárez Suárez editora. Ediciones KRK. 2009. Alternativas colección. Esther Vivas. Mamá desobediente. Una mirada feminista a la maternidad. Capitán Swing. 2019

Mesa Redonda “LA REPRESENTACIÓN CULTURAL DE LA MATERNIDAD”

Outros artigos Nai Feminismo Maternidade libre Aborto Lactación Embarazo Permiso por maternidade Tristeza da maternidade Depresión posparto

Ligazóns externas "La maternidad sale del armario", artigo de Laura Freixas en La Vanguardia, 7 de outubro de 2017 . Múltiples feminismos y discursos sobre las maternidades , conferencia de Lorena Saletti . Luisa Muraro. El orden simbólico de la madre. En pdf

Categoría:Maternidade