Evelyn Beatrice Hall, nada en Shooter's Hill (Kent) o 28 de setembro de 1868 e finada en Wadhurst (East Sussex) o 13 de abril de 1956, foi unha escritora británica, coñecida tamén co pseudónimo de Stephen G. Tallentyre.
Traxectoria Foi a segunda dos catro fillos do Reverendo William John Hall (1830–1910), cóengo menor da Catedral de San Paulo, e Isabella Frances (nada co apelido de Cooper).Venn, John e Venn, J. A. (eds.) (2011): Alumni Cantabrigienses: A Biographical List of All Known Students, Graduates and Holders of Office at the University of Cambridge, from the Earliest Times to 1900, Volume 2. Nova York: Cambridge University Press. Páx 205 . A súa irmá máis vella, Ethel Frances Hall (1865–1943), casou co escritor Hugh Stowell Scott (coñecido co pseudónimo de Henry Seton Merriman) en 1889.Ethel Frances Hall, na web Cobbold Family History Trust. Evelyn Hall converteuse nunha importante influencia do seu cuñado, con quen coescribiu dous libros de relatos, From Wisdom Court (1893) e The Money-Spinner (1896).Seccombe, Thomas e Mills, Rebecca: "Scott, Hugh Stowell (1862–1903)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Tras a súa morte en 1903, Scott deixoulle 5000 libras a Hall en agradecemento polo seu apoio e consellos literarios.The Advertiser, (Adelaide, SA) March 09, 1904 dereita|miniatura|Certificado de defunción de Evelyn Beatrice Hall.
Hall acadou sona pola súa biografía The Life of Voltaire (1903) e por The Friends of Voltaire (1906). Nesta última obra escribiu a frase "I disapprove of what you say, but I will defend to the death your right to say it" ("Estou en desacordo co que dis, pero defenderei até a morte o teu dereito a dicilo")The Friends of Voltaire, p. 199., que polo xeral se atribúe de forma errónea ao propio Voltaire. A cita de Hall adoita usarse para describir a liberdade de expresión.
Obra The Money-Spinner and Other Character Notes (1896). The Women of the Salons, and Other French Portraits (1901). The Friends of Voltaire (1906). ISBN 1-4102-1020-0 The Life of Voltaire (1907). ISBN 1-4102-1346-3 The Life of Mirabeau (1912). ISBN 1-4102-1024-3 Voltaire In His Letters (traductora) (1919). ISBN 1-4102-1195-9
Notas
Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1956