miniatura|Logotipo do Banco Popular Español. O Banco Popular Español (BPE) é un banco español fundado en 1926, filial de Banco Santander dende xuño de 2017. A súa sede central é o edificio Abelias, situado no distrito de Hortaleza de Madrid.

O seu activo máis destacado é a posición de liderado no negocio das pequenas e medianas empresas españolas, onde copa un 18% de cota de mercado.

A 31 de decembro de 2016, os activos de Banco Popular eran de 147.926 millóns de euros, sendo a sexta entidade financeira española por volume de activos. Esa mesma data, contaba con 1.739 oficinas, 11.948 empregados e 4,6 millóns de clientes.

Cotizaba na Bolsa de Madrid (POP) e formaba parte do IBEX 35 até o 7 de xuño de 2017, cando a CNMV suspendeu preventivamente a súa cotización, afectando a máis de 300.000 accionistas minoritarios e foi vendido polo FROB ó Banco Santander polo valor simbólico de 1 euro, sendo o primeiro banco intervido co MUR polas autoridades europeas.

Banco Santander anunciou que o proceso de integración de Banco Popular duraría entre un ano e medio e dous anos. En 2017, a entidade estaba a levar a cabo un Expediente de regulación de emprego (ERE).El ERE del Popular propuesto por el Santander afectará a 58 centros y sucursales ElConfidencial.com .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Banco Pastor

Popular