Un bindi (en , do sánscrito bindu, que quere dicir "punto, pinga ou partícula pequena") é un punto vermello que se leva na fronte, xeralmente entre os hindús e as mulleres xainistas. A palabra bindu procede do himno da creación coñecido como Nasadiya Sukta no Rigveda. Bindu é considerado o punto no que comeza a creación e pode converterse en unidade. Tamén é descrito como "o símbolo sagrado do cosmos no seu estado non manifestado".Khanna 1979: p. 171 Un bindi é un punto de cor vermella aplicada no centro da fronte preto das cellas que é común no subcontinente indio (particularmente entre os hindús da India, Paquistán, Bangladesh, o Nepal e Sri Lanka) e o sueste asiático en Balí e nos xavaneses hindús así como os musulmanes ilocanos de Filipinas. No hinduísmo, no budismo e o xainismo está asociado co chakra ajnaMercier (2007). p. 267. e é coñecido como o terceiro ollo do chakra. O Bindu tamén é punto arredor do cal se crean os mandalas, representando o universo.Shakya, pp. 82–83 O bindi ten unha gran presenza histórica e cultura na rexión de Grande India.Southeast Asia: A Historical Encyclopedia, from Angkor Wat to East Timor, by Keat Gin Ooi p. 642Hindu-Buddhist Architecture in Southeast Asia by Daigorō Chihara p. 226miniatura|Muller hindú levando un bindi.|centro Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bindi and its significance
Categoría:Cultura da India Categoría:Cultura de Bangladesh