Hannah e as súas irmás (en ) é un filme estadounidense de 1986 escrito e dirixido por Woody Allen, e con el mesmo, Mia Farrow, Michael Caine, Barbara Hershey e Dianne Wiest como actores principais. A pesar de que as personaxes, pertencentes á mesma familia, están constantemente preguntándose sobre o sentido da vida, o sexo e a relixión, o filme ten un toque marcadamente cómico.

Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 1998.La Voz de Galicia, 5 de setembro de 1998. Páx. 71

Argumento Elliott e Hannah forman aparentemente unha parella sen problemas, viven felices e son pais de dous nenos. Porén, Elliott está namorado en segredo da irmá de Hannah, Lee, que pola súa banda vive unha relación pesada con Frederick, un home máis vello ca ela, pintor e misántropo. A familia complétase coa terceira irmá, Holly, a ovella negra da familia, por mor da súa inconstancia amorosa e profesional. O exmarido de Hannah, Mickey, produtor de televisión hipocondríaco completa o cadro.

Elenco

Mia Farrow como Hannah Barbara Hershey como Lee Dianne Wiest como Holly Michael Caine como Elliot Woody Allen como Mickey Sachs Carrie Fisher como April Maureen O'Sullivan como Norma Lloyd Nolan como Evan Max von Sydow como Frederick Daniel Stern como Dusty Julie Kavner como Gail Fred Melamed como Dr. Grey Joanna Gleason como Carol Bobby Short como Bob Lewis Black como Paul Julia Louis-Dreyfus como Mary Christian Clemenson como Larry J. T. Walsh como Ed Smythe John Turturro como o escritor Rusty Magee como Ron Sam Waterston como David Tony Roberts como Norman

Premios Ano Categoría Notas Resultado Premios Óscar Mellor filme Mellor director Woody Allen Mellor actor secundario Michael Caine Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Mellor guión orixinal Woody Allen Mellor montaxe Susan Morse Mellor dirección artística Stuart Wurtzel e Carol Joffe Premios Globo de Ouro Mellor filme - comedia ou musical Mellor director Woody Allen Mellor actor secundario Michael Caine Mellor actriz secundaria Dianne Wiest Mellor guión Woody Allen Premios BAFTA Mellor filme Mellor director Woody Allen Mellor actriz Mia Farrow Mellor actor Woody Allen Mellor actor Michael Caine Mellor actriz secundaria Barbara Hershey Mellor guión orixinal Woody Allen Mellor montaxe Premios César Mellor filme estranxeiro New York Film Critics Awards Mellor directorWoody Allen Los Angeles Film Critics Awards Mellor filme Mellor guión Woody Allen Mellor actriz secundaria Dianne Wiest National Board of Review Mellor director Woody Allen Mellor actriz secundaria Dianne Wiest

Notas

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Orion Pictures Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego