Julia Ibarra Perez-Campoamor, nada en Lugo en 1923 e finada en Oviedo en maio de 2002, foi unha profesora, filóloga e escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria Naceu en Lugo, onde o seu pai estaba destinado como fiscal"Julia Ibarra, escritora", necrolóxica de Javier Cuartas en El País, 8 de maio de 2002 .. Foi catedrática de Latín en institutos de Xirona, Lugo, no Aramo de Uvieu e no Doña Ximena de Xixón.
Deuse a coñecer como escritora en 1983, coa publicación de La melodramática vida de Carlota Leopolda, libro composto pola novela curta do mesmo título e 14 relatos. En 1987 foi galardoada co Premio Tigre Juan por Sasia la viuda, editada a posteriori pola editorial Júcar.Premio Tigre Juan , na páxina web do concello de Oviedo . O libro é unha recreación novelada dun feito histórico na Roma clásica.
Estivo casada con Ignacio de la Concha, catedrático de Historia do Dereito da Universidade de Uvieu."Muere la escritora asturiana Julia Ibarra, premio «Tigre Juan» en 1987" , artigo na páxina web de Septem, 6 de maio de 2002 ..
Libros La melodramática vida de Carlota Leopolda (1983) La mecedora (1986) Sasia la viuda (1987) Cuentos de ánima trémula (1989) Mujeres en el sofá (1995) Todas adorábamos el negro (1997)
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes