O aeroporto LaGuardia é un aeroporto situado na parte norte da veciñanza neoiorquina de Queens. Atópase ao lado do mar, entre as baías de Flushing e Bowery da área de East Elmhurst nos límites das veciñanzas de Astoria e Jackson Heights. É o terceiro máis concorrido que serve á cidade de Nova York e o 20º máis concorrido dos Estados Unidos.

No ano 2016 o tráfico de pasaxeiros medrou fortemente no aeroporto, pasando nese ano 29,8 millóns, un 14,2% máis que o ano anterior. LaGuardia é o aeroporto máis concorrido do país sen servizos sen escalas a Europa. Unha regra prohibe voos sen escalas a puntos afastados a máis de 1 500 millas, pero hai excepcións nalgúns voos os sábados e cara Denver. A meirande parte dos voos transcontinentais e internacionais utilizan os próximos aeroportos de Nova York-JFK ou de Newark, xa que en LaGuardia non hai control de fronteiras.

O aeroporto Glenn H. Curtiss (chamado así polo pioneiro da aviación Glenn Hammond Curtiss), e posteriormente rebautizado como aeroporto de North Beach, foi o primeiro aeroporto que houbo no lugar. O nome cambiou despois de que a cidade de Nova York se fixese co seu control e o reconstruíse, pasando a chamarse aeroporto municipal de Nova York-LaGuardia Field. En 1953 converteuse no aeroporto LaGuardia polo alcalde da cidade cando foi construído, Fiorello La Guardia.

LaGuardia ten sido criticado por ter algunhas instalacións anticuadas. O antigo vicepresidente Joe Biden comparou LaGuardia cun "país do terceiro mundo" e o aeroporto foi clasificado en numerosas enquisas a clientes como o peor dos Estados Unidos. Entre os pilotos adoita a coñecerse como "USS LaGuardia", debido a que as pistas son curtas e está rodeado por auga, dando a sensación de estar aterrando nun portaavións.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

LaGuardia