Nos trinta e seis quilómetros da costa de Sanxenxo pódense atopar moitas praias das máis variadas características; urbanas como Silgar, Baltar e Caneliñas, ou máis tranquilas como Areas, Montalbo, Magor e A Lanzada; con algunha excepción son de area branca e fina. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, convertendo a Sanxenxo no municipio con máis bandeiras azuis de España desde o ano 2004.

Entre os seus areais destancan os seguintes:

Praia Lonxitude (m) Ancho (m) Grao de ocupación Grao de urbanización alt=Bandeira Azul|link=Bandeira Azul|30x30px 30x30px 30x30px Descrición Imaxe Areas83055Moi altoMedioSiSiSiSiPraia en forma rectilínea e semicurva nun extremo, situada nunha contorna semiurbana. Limitada no extremo leste pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro, con vistas da ría de Pontevedra.100x100px Silgar75080Moi altoMoi altoSiSiSiSiAcompañada de punta a punta polo paseo que leva o seu nome e resgardada por edificios, Silgar énchese cada verán de turistas españois e estranxeiros que buscan o relax de praia nas rías galegas. A Madama é a famosísima estatua que se atopa nunha rocha chamada "O Cubreiro", a cal se atopa a medio camiño entre a beira e as boias.100x100px Baltar65055Moi altoAltoSiSiSiSiTamén coñecida como praia de Portonovo e separada de Sigar pola punta do Vicaño é unha praia xunta ao peirao de Portonovo con numerosas embarcacións xusto diante e cunha gran zona verde detrás, bordeada no seu percorrido por dous paseos, un deles de madeira, e cunhas pequenas e infrecuentes dunas próximas á localidade. Esta praia, xunto a Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo.100x100px Caneliñas15050Moi altoMoi altoSiSiSiSiPequena praia, refuxio dos que buscan unha fina area branca e un lugar acolledor entre os edificios de Portonovo. É usual ver mozos gozando da Covasa, un estreito de auga entre dúas rocas nun dos bordos da praia e que se baleira por completo cando baixa a marea.100x100px Canelas40080Moi altoEscasoSiSiSiSiÉ un dos focos de turismo da rexión destacando polas súas vistas. A calidez da area e das augas que a bañan fan de Canelas unha das praias máis atractivas do concello, sobre todo para a xente nova, xa que conta con superficie suficiente na que se adoitan colocar redes de voleibol privadas.100x100px Paxariñas14040Moi altoEscasoSiSiSiSiTen forma de media cuncha, situada nunha contorna semiurbana e limitada, na súa marxe esquerda, pola Punta de Elmo ou Punta do Cavicastro e, na súa marxe dereita, pola Punta de Paxariñas.100x100px Montalbo950120Moi altoMoi escasoSiSiSiSiRectilínea, situada nunha contorna rural, limitada pola Punta Montalbo, promontorio e miradoiro natural, e pola Punta Paxariñas. A area branca e fina forma suaves dunas con vexetación dispersa que separan a praia do piñeiral próximo. Ondada notable. Corrente de resaca forte no medio, con tendencia a movemento lateral.100x100px Bascuas13060Medio-altoMoi escasoSiSiSiSiÉ unha pequena praia nudista do municipio de Sanxenxo. Ten forma de media cuncha, situada nunha contorna case despoboada. Panadeira8550AltoMoi altoSiSiSiSiSituada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada polas praias de Lavapanos e a dos Barcos. Recollida dos ventos e con augas tranquilas, é unha praia accesible e de uso familiar.100x100px A Lanzada256095AltoMoi escasoSiNonSiNonPraia de area semifina moi demandada polos surfeiros xa que se atopa dando a cara ao mar aberto e ten unha boa ondada durante todo o ano debido a que non se atopa protexida pola illa de Ons como as demais. Sanxenxo comparte esta praia co municipio do Grove. Forma a parte occidental do istmo que une Sanxenxo coa península do Grove.100x100px Magor Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. Praia de Magor Neste documento aparece, tamén, a forma Major, con "j", para representar a pronuncia local con gheada. Turismo de Galicia Xunta de Galicia.Concello de Sanxenxo 980100MedioEscasoSiSiSiSi É un dos maiores areais do concello e conta cunha ampla zona de dunas naturais na súa parte noroeste. Preto dela atópase a famosa punta Faxilda co icónico banco de Noalla. Lapa46040MedioMedioSiSiSiSiSituada na parroquia de Noalla, entre a praia de Area Gorda, separada só polo illote do Médico, e A Lanzada, presenta unha forma de media cuncha.100x100px Area Gorda33070BaixoMedio-baixoSiSiSiSiPraia nunha contorna semiurbana; a pesar do seu nome ten area fina e branca, e destaca pola calidade das súas augas.100x100px Foxos38050AltoMedioSiSiSiSiSituada na parroquia de Noalla, é unha das praias máis requiridas tanto polos surfeiros como polos bañistas. Ten forma rectilínea. Pragueira45070MedioEscasoSiSiSiSiXeograficamente pegada á praia de Magor, este areal atópase xusto antes que o de Bascuas. Destaca pola calidez das súas augas, e por unha ondada moderada pero notable. Nanín44040Medio-altoMedio-AltoSiSiSiSiA praia de Nanín sitúase saíndo do núcleo urbano de Sanxenxo dirección Pontevedra, xusto antes da praia de Areas. De area branca e fina, é frecuentada pola xente da zona e arredores, perdendo protagonismo tutístico a favor das praias de Silgar e Areas. Fontenla8040BaixoMedio-baixoNonNonSiNonA pequena praia de Fontenla é un areal de reducidas dimensións aniñado entre as rocas de punta Faxilde, o punto terrestre máis próximo á illa de Ons. Sitúase entre as praias de Magor e Foxos. Ideal para gozar do sol e a auga nun ambiente pouco masificado. Dos Barcos15020Moi baixoMoi AltoNonNonSiNonEsta pequena praia é unha praia portuaria pegada ao peirao de Sanxenxo. Nos últimos tempos baixou considerablemente a afluencia de persoas que a usan como praia turística. Ten un paseo de madeira sobre ela relativamente novo, que a fai aínda máis estancada. Fica claro neste caso a corrupción urbanística do concello a resistencia veciñal coa formación da asociación "S.O.S. Panadeira". Lavapanos6020Moi baixoMoi altoNonNonNonNonPraia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada pola praia dá Panadeira e a de Carabuxeira. De area branca e grosa, resgardade dos ventos, é unha praia portuaria con augas tranquilas. Carabuxeira23030MedioMoi altoSiSiSiNonA praia da Carabuxeira é un areal situado no núcleo exterior de Sanxenxo. O seu principal acceso pasa por baixo dun edificio construído en fronte. Barreiros60+17030MedioMedio-AltoNonNonSiNonPraia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna semiurbana, composta por area branca e fina e con augas tranquilas. Debido á súa privilexiada orientación, recibe os raios do sol até ben entrada a tarde.Area de Agra26030Medio-BaixoBaixoSiSiSiSiSituada nunha contorna virxe, limitada pola punta Festiñaza. Area branca e fina. Resgardada dos ventos, adoita ser, no entanto, unha praia con fortes ondadas. Ideal para quen buscan praias con contornas pouco humanizadas. Pampaido6020Moi baixoMedio-AltoNonNonSiNonPequena, de area branca e fina. Emprazada nunha contorna rústica, é unha praia con augas tranquilas, abrigada dos ventos e as correntes mariñas. Ideal para gozar do sol e o mar nun ambiente tranquilo e pouco masificado.A Granxa12010Medio-baixoAltoNonSiSiNonSituada nunha contorna rural, entre as praias de Maceiriñas e Santa Mariña, xa limítrofes con Raxó. Composta por unha combinación de area branca e pequenas pedriñas. Recollida dos ventos, é unha praia con augas tranquilas e cálidas.Fontenla1015Moi baixoMoi baixoNonNonNonNonSituada ao fondo da praia de Foxos, é accesible por area só coa baixamar, tendo que escalar unhas pedras para poder chegar a ela.Nosa Señora4015Moi baixoBaixoNonNonNonNonSituada ó carón da capela da Lanzada, ofrece vistas á praia de Foxos e ás illas de Ons.Nanín35030Medio-BaixoMoi AltoNonNonSiNonEntre Areas e Barreiros, maiormente de pedras e area, ten un pequeno monte ao lado e unhas augas moi tranquilas, ideais para nenos.Dos Mortos12050MedioMoi baixoNonNonNonNonContigua a Areas, ofrece unha panorámica diferente, desaparecendo na súa maior parte en altamar.Pociñas6070BaixoAltoNonSiNonNonContigua a Pragueira, xúntase a esta na baixamar e a Magor, formando a praia de Magor-Pragueira-Pociñas. Espiñeira15020Medio-altoMedioNonSiSiSiPraia en forma de media cuncha, de area branca e fina, nunha contorna semiurbana, entre as praias de Lapa e A Lanzada. Aberta, ventosa e con forte ondada, é unha praia idónea para a práctica do surf. Comparte equipamento coa praia de Lapa. Praia Lonxitude (m) Ancho (m) Grao de ocupación Grao de urbanización alt=Bandeira Azul|link=Bandeira Azul|30x30px 30x30px 30x30px Descrición Imaxe

Notas

Véxase tamén Outros artigos Praias da provincia de Pontevedra