Gonzalo Prieto Cao, finado en Ortigueira o 2 de agosto de 1962, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante en Ortigueira. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente de Unión Patriótica de Ortigueira, foi nomeado concelleiro de Ortigueira e primeiro tenente de alcalde en 1925.El Orzán, 25-8-1925, p. 1. Coa dimisión de Ramón de la Peña foi nomeado alcalde. Foi novamente concelleiro en 1931. Na Segunda República afiliouse ao Partido Radical. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Ortigueira a finais de xullo.El Correo Gallego, 29-7-1936, p. 1. Foi destituído polo gobernador civil en agosto de 1937 xunto co primeiro tenente de alcalde Teodoro Fanego Bouza, que foi desterrado a Xinzo de Limia, e o segundo tenente de alcalde Secundino Rodríguez, que foi desterrado a Celanova.El Compostelano, 4-8-1937, p. 1. Finou en en Ortigueira o 2 de agosto de 1962.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-8-1962, p. 8.

Vida persoal Casou con Aurelia Díaz Couce e foi pai de Inés, Josefina, Dorila e Ramón Prieto Díaz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1962 Categoría:Nados en ano descoñecido