A Biblia do rei Xacobe (en , KJV, tamén coñecida como King James Bible, KJB) é unha tradución ó inglés da Biblia cristiá para a Igrexa de Inglaterra, que comezou en 1604 e foi rematada en 1611. Os libros da Biblia do rei Xacobe inclúen os 39 libros do Antigo Testamento, unha sección intertestamentaria que contén 14 libros apócrifos (a maioría dos cales correspóndense cos deuteronómicos adheridos polos católicos), e os 27 libros do Novo Testamento.

Foi impresa polo impresor do rei, Robert Barker, e foi a terceira tradución ó inglés aprobada polas autoridades da Igrexa de Inglaterra. A primeira foi a coñecida como Great Bible, encargada durante o reinado de Henrique VIII (1535), e a segunda é a Bishops' Bible de 1568. En xaneiro de 1604, Xacobe VI e I convocou o Hampton Court Conference, para concibir unha nova versión inglesa da Biblia en resposta ós problemas das traducións anteriores percibidos polos puritanos, unha facción da Igrexa de Inglaterra. A tradución caracterízase pola "maxestosidade de estilo", e foi descrito como un dos libros máis importantes da cultura inglesa e unha forza impulsora da configuración do mundo de fala inglesa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra Ligazóns externas A Biblia do rei Xacobe nun único arquivo (Oxford Standard Text, 1769) AudioTreasure Baixe a Biblia do rei Xacobe en formato mp3.

Categoría:Anglicanismo Categoría:Biblia