é un filme xaponés de anime e ciencia ficción coescrito e dirixido por Satoshi Kon. Baséase na novela de Yasutaka Tsutsui ''Paprika, e conta unha investigación psicolóxica que empregan uns dispositivos que axudan ós pacientes a entrar nos seus propios soños. Foi o cuarto e derradeiro filme de Kon antes da súa morte no ano 2010. Está protagonizado polas voces de Megumi Hayashibara, Tōru Emori, Katsunosuke Hori, Tōru Furuya, Akio Ōtsuka, Kōichi Yamadera e Hideyuki Tanaka.
Kon e Seishi Minakami escribiron o guión, e o estudio xaponés de animación Madhouse, animou e produciu o filme xunto con Sony Pictures Entertainment Japan, que o distribuíu no Xapón. A banda sonora foi composta por Susumu Hirasawa.
Personaxes Megumi Hayashibara como Doutora Atsuko Chiba Tōru Furuya como Doutor Kōsaku Tokita Tōru Emori como Doutor Seijirō Inui Katsunosuke Hori como Doutor Toratarō Shima Akio Ōtsuka como Detective Toshimi Konakawa Hideyuki Tanaka como Guy Kōichi Yamadera como Doutor Morio Osanai Satomi Kōrogi como boneca xaponesa Daisuke Sakaguchi como Kei Himuro Mitsuo Iwata como Doutor Yasushi Tsumura. Rikako Aikawa como Doutor Nobue Kakimoto Yasutaka Tsutsui como Kuga. Satoshi Kon como o director
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Satoshi Kon