Feliciano Crespo Bello, nado en Ortigueira o 24 de xaneiro de 1913 e finado no mesmo concello o 12 de abril de 1976, foi un político galego.
Traxectoria Comezou a traballar no Banco de La Coruña de Ortigueira en 1928. Fixo a carreira de Dereito por libre en Oviedo entre 1930 e 1936. Xefe de Falange Española de Ortigueira, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nas tomas de Cariño e Cedeira a finais de xullo e na execución de máis de setenta persoas en Ortigueira, Cedeira, Cerdido e Mañón. Foi nomeado concelleiro de Ortigueira e terceiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Colaborou en Era Azul. Fixo estudos de profesor mercantil na Coruña (1939-1942). Foi alcalde de Ortigueira en 1944, deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Foi xefe provincial da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos. Foi elixido procurador en Cortes en 1949 como representante de deputacións provinciais, permanecendo no cargo até 1952. Foi tesoureiro da xunta reitora de UTECO,La Voz de Galicia, 14-4-1976, p. 4. e presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria. Finou en Ortigueira o 12 de abril de 1976.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-4-1976, p. 54.
Vida persoal Casou con María Rosa Rego Fernández en 1944,La Voz de Galicia, 26-8-1944, p. 2. e foi pai de Mª del Carmen, Ramón e Feliciano Crespo Rego.
Recoñecementos En 1947 foille concedida a Encomenda da Orde do Mérito Agrícola.La Voz de Galicia, 19-12-1947, p. 2. Foi nomeado fillo predilecto de Ortigueira en 1948.La Voz de Galicia, 16-3-1948, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas De Cunqueiro, Falange, Ortigueira y la memoria histórica
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes