O Club Universitario de Ferrol, na actualidade coñecido como Baxi Ferrol por motivos publicitarios, é un equipo de baloncesto de Ferrol. Foi fundado en 1997, e milita na liga Feminina. Xoga os seus partidos como local no pavillón municipal da Malata.

Historia Debut europeo Na tempada 2024-25 o equipo debutou en competición europea ao clasificarse para a Eurocup Women. O equipo ferrolán debutou o 9 de outubro no Pavillón Municipal da Malata ante o Galatasaray turco, un dos equipos candidatos a chegar ás fases finais da competición, ante 1 500 persoas nas bancadas. As xogadoras de Lino López acabaron caendo por 66-83, nun partido no que foron por diante no marcador durante moitos minutos, con todo, o esforzo defensivo do equipo nos tres primeiros cuartos acabou por condicionar o partido do cadro galego, que chegou sen forzas aos minutos finais. Finalmente o Baxi Ferrol conseguiu a clasificación para os play-offs na penúltima xornada da fases regular logo de derrotar o KP Brno (79-59) en Ferrol. Logo de cinco vitorias e unha derrota nos play-off, pasaron ás roldas eliminatorias, e tras superaren o Castors Braine, o DVTK Hun-Therm, o BDS Dinamo Sassari e o LDLC ASVEL Féminin perderon na final fronte ao ESB Villeneuve-d'Ascq.

Traxectoria TempadaCategoríaPostoPostempada2001–02 Liga Feminina 2152002–03 Liga Feminina 2172003–04 Liga Feminina 292004–05 Liga Feminina 25Ascenso2005–06 Liga Feminina 14/14 Descenso2006–07 Liga Feminina 272007–08 Liga Feminina 2192008–09 Liga Feminina 28 2009–10 Liga Feminina 215 2010–11 Liga Feminina 2112011–12 Liga Feminina 29 2012–13 Liga Feminina 262013–14 Liga Feminina 25Ascenso2014–15 Liga Feminina 11/142015–16 Liga Feminina 11/142016–17 Liga Feminina 3/142017–18 Liga Feminina 4/142018–19 Liga Feminina 14/14 Descenso2019–20 Liga Feminina 222020–21 Liga Feminina 21Ascenso2021–22 Liga Feminina 16/16 Descenso2022–23 Liga Feminina Challenge1Ascenso2023–24 Liga Feminina8/162024–25 Liga Feminina

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na Federación Española de Baloncesto

Categoría:Equipos de baloncesto de Galicia Categoría:Deporte en Ferrol