Cas de Pedro é un lugar da parroquia de Santa Cristina de Asma, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2016, cando tiña 16 habitantes.
Toponimia O topónimo fai referencia a Casa de Pedro. O atador
Cas de Pedro é a terra dun coñecido atador ou compoñedor de ósos. Durante 3 xeracións, o atador arranxa torceduras, luxacións e antigamente rotura de ósos. A día de hoxe, segue arranxando a neta do primeiro atador, que recolleu a sabedoría do seu pai e do seu avó. Actualmente as roturas son derivadas ao hospital, pero as luxacións e torceduras seguen a ser arranxados polas mans da actual "atadora". É a realización dunha serie de movementos e xiros que compoñen e colocan os ósos e ligamentos ao sitio. Centos de persoas acoden a este lugar a compoñer as súas escordaduras, torceduras e luxacións, e marchan do lugar cunha venda, pero sen dor.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Santa Cristina de Asma
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía