O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital foi un dos trece departamentos ministeriais en que se dividiu o Goberno de España en 2016. O seu titular (desde o 4 de novembro de 2016) foi Álvaro Nadal.
Historia O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital nace debido á agrupación de competencias realizada polo goberno de Mariano Rajoy no ano 2016. O antigo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo foi divido en dous ministerios diferentes, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que asumiu as competencias en Enerxía e Turismo e, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, que fusionou as competencias en industria co antigo Ministerio de Economía e Competitividade.
Funcións Corresponde ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital a proposta e execución da política do Goberno en materia de enerxía, turismo, telecomunicacións e sociedade da información, así como o desenvolvemento da Axenda Dixital.
Estrutura A estrutura do actual ministerio é:Real Decreto 424/2016, de 11 de noviembre, por el que se establece la estructura orgánica básica de los departamentos ministeriales. Secretaría de Estado de Enerxía. Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital. Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información. Secretaría de Estado de Turismo Subsecretaría de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital Secretaría Xeral Técnica.
Titulares InicioFinalizaciónNomePartido 4 de novembro de 2016 - Álvaro NadalPP
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital
Categoría:Antigos ministerios de España