María de Aragón, nada o 24 de febreiro de 1403,Palencia, Alfonso (1999): Gesta Hispaniensia ex annalibus suorum dierum collecta, 2: Libri VI-X. Edición, estudio y notas de B. Tate e J. Lawrance. Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-8951-243-6, p. 608. ao parecer en Medina del Campo (reino de Castela) e finada o 18 de febreiro de 1445 en Villacastín (reino de Castela), tamén coñecida como María de Trastámara, foi unha infanta de Aragón que ocupou o trono de Castela como consorte do rei Xoán II entre 1420 e 1445.

Era filla de Fernando I de Antequera, infante e rexente de Castela, e rei de Aragón, e da súa esposa Lionor Orraca de Castela, III condesa de Alburquerque, polo que tamén se coñece como Lionor de Alburquerque.

Foi, ademais, a nai do rei Henrique IV de Castela, irmá dos «Infantes de Aragón» e tía de Fernando II de Aragón.

Traxectoria María foi comprometida en matrimonio co seu primo irmán Xoán, o futuro Xoán II de Castela, xa durante a minoría de idade deste, dentro da estratexia que establecera seu pai para situar ao seus fillos nos principais núcleos do poder hispano.

A súa voda celebrouse o 20 de outubro de 1418 en Medina del Campo.Moraleja Pinilla, Gerardo (1971): Historia de Medina del Campo. Medina del Campo: Ediciones Manuel Mateo Fernández. ISBN 84-5054-411-4.

Pouco tempo despois, o irmán de María, o infante Henrique, protagonizou o golpe de Tordesillas contra o rei de Castela, seu primo.

O infante Henrique, para asegurar o seu poder, convocou Cortes en Ávila, e forzou o seu matrimonio coa renuente irmá do rei de Castela, a infanta Catarina. A voda, que se realizou o 8 de novembro de 1420, dado o ambiente político, levose a cabo sen grandes cerimonias e sen ningún tipo de festexo, o que supoñía toda unha anomalía, e quedou reflectido nas crónicas do reinado.Fernán Pérez de Guzmán (1953): "Crónica de Juan II", en C. Rosell (ed.), Crónicas de los Reyes de Castilla, Tomo II. Madrid: Ed. Atlas, p. 389.

María participou nalgunhas ocasións de forma activa na política, axudando sempre aos seus irmáns, os infantes de Aragón, aínda que isto supuxese opoñerse aos desexos do seu marido ou, mesmo, arrebatarlle o poder. Isto fixo que se vise afastadaa polo seu esposo en diversas ocasións.

A raíña María faleceu o 18 de febreiro de 1445 en Villacastín, e o seu corpo xace enterrado no panteón real do Mosteiro de Guadalupe.

Matrimonio e descendencia Do seu matrimonio con Xoán II de Castela naceron catro fillos: Catarina, princesa de Asturias (1422-1424). Lionor, princesa de Asturias (1423-1425). Henrique (1425-1474), que sucedería a seu pai como Henrique IV. María (1428-1429).

Antepasados de María de Aragón </div></div>

Notas

Véxase tamén Bibliografía Martín Vaquero, Rubén (2012): Tres reinas Trastámara. Boadilla del Monte (Madrid): Buenaventura. ISBN 978-84-9383-842-3. (María, Reina consorte de Juan II, Rey de Castilla; Blanca, Reina consorte de Enrique IV, Rey de Castilla; Juana, Reina consorte de Enrique IV, Rey de Castilla). Trichet du Frésne, Pierre (1625): Maria Aragonia, tragoedia. Ed. Burdigalæ, Apud P. de la Court .

Outros artigos Xoán II de Castela Fernando I de Aragón Infantes de Aragón

Ligazóns externas

Categoría:Infantes de Aragón Categoría:Raíñas consortes de Castela Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en 1403 Categoría:Finados en 1445