+ Soiuz 7K-OK 250px|center Descrición Función: Misións na órbita terrestre. Tripulación: Tres cosmonautas. Dimensións Altura:: 7,95 m Diámetro: 2,2 m Lanzamento Carga útil: - Retorno de Carga útil: - Masa no lanzamento: 6560 kg Volume Presurizado: 9 m3 Enerxía Eléctrica Fonte: Paneis solares Tamaño: 9,80 m Enerxía Xerada: 0,50 kW Motores a bordo Motor principal: Propulsores: Rendemento Resistencia: Apoapse: Periapse : Inclinación: Lanzamento Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur Rampla: Foguete Acelerador: Soiuz 11A511
Soiuz 7K-OK foi un dos primeiros modelos de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1966 e 1970, con lixeiras variantes.
Características O desenvolvemento da Soiuz 7K-OK foi aprobado en decembro de 1963, nos inicios da carreira espacial. Non estivo lista ata 1966, en que fixo o seu debut. A 7K-OK foi a primeira nave espacial en facer un acoplamento espacial completamente automatizado xunto cun intercambio de tripulacións entre naves, sentando as bases para as operacións coas futuras estacións espaciais Saliut e Almaz. Tiña capacidade para levar tres cosmonautas a bordo e era lanzada por foguetes Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Os tres primeiros voos de proba, non tripulados, estiveron pragados de problemas: o primeiro, denominado Kosmos 133, enviou a nave a órbita, pero esta volveuse incontrolable e o sistema automático de a bordo activou a autodestrucción ao detectar que a aterraxe ía producirse en territorio chinés; o segundo nin sequera levantou voo ao detectar a cápsula, erroneamente, un fallo no lanzamento, activando a torre de escape con persoal aínda na torre de lanzamento e causando unha explosión que matou e feriu a varios; e no terceiro (Kosmos 212) a nave chegou a órbita pero sufriu dalgúns problemas menores e a cápsula de reentrada rematou afundida no mar de Aral. A pesar de todo, o cuarto voo dunha Soiuz 7K-OK foi tripulado por Vladimir Komarov, engalando o 23 de abril de 1967 na misión que sería denominada Soiuz 1. Tras varios problemas en órbita, na reentrada os paracaídas fallaron, coa cápsula tripulada impactando en terra a gran velocidade e matando a Komarov. O desastre da Soiuz 1 significou un atraso de meses no programa tripulado soviético. A 7K-OK foi redeseñada ata ser considerada segura e cumpriría 13 misións posteriores, tripuladas e non tripuladas, con éxito e sen fatalidades.
Voos
Número Data Centro de lanzamento Misión Resultado Notas 1 28 de novembro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 133 (proba non tripulada) Éxito parcial Primeiro voo dun foguete Soiuz 11A511 e dunha nave Soiuz 7K-OK. 2 14 de decembro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 136 (proba non tripulada) Fallo 3 7 de febreiro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 140 (proba non tripulada) Éxito parcial 4 23 de abril de 1967 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 1 Fallo Komarov morto durante a aterraxe da cápsula. 5 27 de outubro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 186 (proba non tripulada) Éxito 6 30 de outubro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 188 (proba non tripulada) Éxito 7 14 de abril de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 212 (proba non tripulada) Éxito 8 15 de abril de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 213 (proba non tripulada) Éxito 9 28 de agosto de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 238 (proba non tripulada) Éxito 10 25 de outubro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 2 Éxito 11 26 de outubro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 3 Éxito 12 14 de xaneiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 4 Éxito 13 15 de xaneiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 5 Éxito 14 11 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 6 Éxito 15 12 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 7 Éxito 16 13 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 8 Éxito 17 1 de xuño de 1970 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 9 Éxito Último voo dunha Soiuz 7K-OK.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511
Categoría:Programa Soiuz