Fasta Åland () é a illa máis grande e máis poboada do arquipélago das illas Åland, un numeroso grupo de illas localizadas en augas do mar Báltico e que integran unha provincia autónoma especial de Finlandia. A súa superficie é difícil de estimar debido á súa costa de forma irregular, pero as estimacións van desde 695 quilómetros cadrados ou 879 km² a máis de 1.010 km² dependendo do que estea incluído ou excluído, é a terceira máis grande de Finlandia (tras Soisalo e Sääminginsalo) e a 52ª de Europa.

A capital provincial Mariehamn está situada na illa e o noventa por cento da poboación insular vive nela. Fasta Åland é a maior illa do arquipélago (que ten máis de 1.010 km²) e representa máis do 70% da superficie terrestre da provincia. Mide aproximadamente 50 km. de longo de norte a sur e 45 km de largo de leste a oeste.

No lado leste de Fasta Åland existe unha gran baía, Lumparn, que agora se cre que é o cráter dun impacto dun meteorito de hai uns 100 millóns de anos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Illas de Finlandia