Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 2023, foi un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía.El oftalmólogo Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015 La Voz de Galicia. Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).Homenaje en Madrid a Manuel Sánchez Salorio La Voz de Galicia.

Traxectoria Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera e sobriño de Juan José Barcia Goyanes, percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria.Sanchez Salorio, M.: Demetrio Pita en la memoria y en el corazón. Rev.Soc.Esp.Oftal.,81, 2006 Un irmán da súa nai foi Demetrio Salorio Suárez, alcalde da Coruña.

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1946-52), con Premios Extraordinario e Nacional Fin de Carreira, e doutorouse pola mesma Universidade, con Premio Extraordinario cunha tese titulada La regulación nerviosa de la tensión ocular ("A regulación nerviosa da tensión ocular", 1955). Realizou a especialidade de oftalmoloxía primeiro co seu pai e logo co profesor Ángel Moreu González-Pola, catedrático de oftalmoloxía de Santiago de Compostela. Este nomeouno o seu profesor adxunto (1956-63), devindo logo á súa morte encargado de cátedra e finalmente catedrático desa disciplina en 1963, sendo o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da universidade compostelá. Aprendeu cirurxía ocular asistindo aos servizos de Hermenegildo Arruga, Ignacio Barraquer e Ramón Castroviejo.

Fiel expoñente da universidade autárquica creou a escola científica inicialmente coñecida como Escola Profesional de Oftalmoloxía e que adoita chamarse hoxe Escola Galega de Oftalmoloxía anexa a devandita Cátedra. Foi ademais Vicedecano da Facultade de Medicina e Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (1975).

O 27 de febreiro de 1981 ingresou como Académico Numerario na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Un dos membros máis antigos do corpo médico da comunidade galega e remiso á xubilación, en 2015 continuaba a ser o director da Fundación Instituto de Oftalmoloxía de Galicia (Ingo).

Escribiu numerosos artigos para a Revista Española de Oftalmología e outras publicacións da especialidade. A súa escola fixo importantes achegas científicas sobre a circulación da retina e, moi especialmente, ofreceu unha solución ao tratamento da enfermidade ocular chamada glaucoma, frecuente en Galicia.Sanchez Salorio y Pita Salorio, D.: Atlas de retinopatías vasculares. Sandoz. Barcelona. 1972

Outras actividades Sánchez Salorio foi un dos fundadores en 1961 do Real Club de Golf da Coruña.

Recoñecementos Medalla Castelao (1996).DOG Núm. 117 do 14 de xuño de 1996 Medalla de Ouro do Colexio Oficial de Médicos da Coruña (2010).El Colegio de Médicos de A Coruña concede la medalla de oro y brillantes a Sánchez Salorio La Voz de Galicia. Medalla de Galicia (2015).Neira Vilas, David Cal, Sánchez Salorio y Enrique Beotas, Medallas de Oro de Galicia

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas : Manuel Sánchez Salorio: «El médico tiene que meterse dentro de la piel del paciente» La Voz de Galicia, 14/9/2012. : Manuel Sánchez Salorio, 82 años: "Continúo activo para seguir vivo" La Vanguardia, 31/12/2012.

Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1930 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2023