O aeroporto de Bristol (IATA: BRS, ICAO: EGGD) é un aeroporto británico que serve a Bristol. Atópase a 13 km ao sueste do centro da cidade. Construído onde se atopaba un antigo aeródromo da Royal Air Force, inaugurouse no ano 1957 como aeroporto de Bristol (Lulsgate), substituíndo ao de Bristol (Whitchurch) como aeroporto municipal. Dende 1997 ata 2010 foi coñecido como Aeroporto Internacional de Bristol.

No ano 2016 foi o noveno aeroporto máis concorrido do Reino Unido, pasando polas súas instalaciñons 7,6 millóns de pasaxeiros, un incremento dun 12% con respecto a 2015. Entre as aeroliñas con base no aeroporto están easyJet, Ryanair, Thomas Cook, Thomson Airways e BMI Regional.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Bristol