Airport '77 é un filme estadounidense do xénero de desastres de 1977 a terceira parte da franquía Aeroporto. Na película traballan varios actores veteranos como Jack Lemmon, James Stewart, Joseph Cotten e Olivia de Havilland, así como George Kennedy que xa traballara nas dúas películas anteriores da serie. O filme dirixiuno Jerry Jameson, o produtor foron Jennings Lang e William Frye e o guión escribírono Michael Scheff e David Spector.
A trama céntrase nun Boeing 747 privado cheo de VIP e obras de arte de valor incalculable e que unha banda secuestra antes de caer ao mar, no triángulo das Bermudas, o que leva os sobreviventes a unha desesperada loita pola supervivencia.Leonard Maltin's 2015 Movie Guide
Malia as críticas, en xeral non moi positivas, Airport '77 foi un éxito de recadación con ingresos de 30.000.000 de dólares , o 19º filme por recadación en 1977. Tivo dúas candidaturas aos premios da Academia. miniatura|O filme contou cun bo número de estrelas veteranas como James Stewart (foto de 1973) Argumento Un luxoso Boeing 747-100 do millonario Philip Stevens realiza un voo privado con convidados, amigos e familiares, e coa súa colección privada de arte, con destino ás súas propiedades en Palm Beach (Florida), onde pensa abrir un novo museo. Unha banda de ladróns dirixida polo copiloto Bob Chambers decide secuestrar o avión e apoderarse así da valiosa colección.
Elenco miniatura|George Kennedy estivo na repartición de Airport e das súas secuelas, incluíndo Airport'77 (foto de 1975) miniatura|O filme tamén tivo lugar para actores e actrices que principiaban, como Kathleen Quinlan (foto de 1975) Jack Lemmon como capitán Don Gallagher Lee Grant como Karen Wallace Brenda Vaccaro como Eve Clayton Joseph Cotten como Nicholas St. Downs III Olivia de Havilland como Emily Livingston James Stewart como Philip Stevens George Kennedy como Joseph "Joe" Patroni Darren McGavin como Stan Buchek Christopher Lee como Martin Wallace Robert Foxworth como Chambers Robert Hooks como Eddie Monte Markham como Banker Kathleen Quinlan como Julie Gil Gerard como Frank Powers James Booth como Ralph Crawford Monica Lewis como Anne Maidie Norman como Dorothy Pamela Bellwood como Lisa Stevens Arlene Golonka como Mrs. Jane Stern Tom Sullivan como Steve M. Emmet Walsh como Dr. Williams Michael Pataki como Wilson George Furth como Gerald Lucas Richard Venture como comandante Guay Elizabeth Cheshire como Bonnie Stern
Recepción Rotten Tomatoes informa que tivo críticas positivas do 50% dos seis críticos que avaliaron; a clasificación media é 5.1/10. Variety escribiu: "Durante a maior parte do tempo crese a banal historia e hai algún bo procedemento real de busca e rescate da Mariña dos Estados Unidos intercalado na trama". Roger Ebert de Chicago Sun-Times valorouna con 2/4 estrelas e escribiu, "A película é un grande e hábil entretemento, incansablemente ridícula e, polo tanto, nunca aburrida durante moito tempo". Para The New York Times "Airport '77 parece menos o traballo dun director e guionistas e máis unha decisión empresarial."
Notas
Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América