Soiuz 24 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 7 de febreiro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 24, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Iuri Glazkov e Viktor Gorbatko a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial militar Saliut 5. A diferenza de Soiuz 23, a Soiuz 24 acoplouse sen problemas, e a diferenza da tripulación da Soiuz 21, Glazkov e Gorbatko non sufriron problemas físicos nin psicolóxicos ata o punto de que nos seus 17 días de misión fixeron tanto traballo como a tripulación da Soiuz 21 nos seus 50 días de misión.
Dada a sospeita de que a atmosfera da estación puido ser en parte a causante dos problemas dos cosmonautas da Soiuz 21, a misión da 24 levou a bordo equipamento para cambiar por completo a atmosfera. A pesar de que as análises feitas ao chegar non mostraron contaminantes nin toxinas no aire, a tripulación fixo un cambio completo de atmosfera polo método de expulsar a orixinal a través da esclusa para paseos espaciais e volvendo a presurizar a estación con aire novo. Durante o resto da misión os cosmonautas fixeron diversos experimentos e probas.
A Soiuz 24 volveu a terra despois de case 18 días en órbita, aterrando a 37 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán) o 25 de febreiro de 1977 ás 9:38 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 21 Soiuz 23 Saliut 5
Notas
Categoría:Programa Soiuz