Gumersindo Montero Montero, nado na Coruña e finado en Sofía, foi un político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba moi novo, onde foi un dos organizadores do Partido Comunista de Cuba, creado en 1925. Foi expulsado pola ditadura de Gerardo Machado en 1930 e volveu a Galicia. Participou na constitución do raio comunista da Coruña o 9 de xullo de 1931 e foi un dos dirixentes do PCE en Galicia. Presentouse ás eleccións de novembro de 1933 integrado na Candidatura de la Juventud Republicana co seu camarada Manuel Escariz Bugallo.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 9. En maio de 1935 foi "acoplado" á secretaría do raio comunista de Vigo. Participou na asemblea do 17 de maio de 1936El Pueblo Gallego, 19-5-1936, p. 11. na que se organizou o referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia e despois na campaña para pedir o SI, onde usou sempre o galego. Colaborou en Mundo Obrero.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Meirás con Juan Antonio Suárez Picallo e os sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e José Mosquera Rey. Alí permaneceu máis de 20 anos. Despois puido saír de España e marchar a Bulgaria, falecendo en Sofía. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Exilio galego Categoría:Políticos do PCE Categoría:Galegos de Bulgaria Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido