Soiuz 18-1, denominada así a posteriori, foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de abril de 1975 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 18-1 estaba tripulada por Vasili Lazarev e Oleg Grigorievich Makarov. A engalaxe tivo lugar de maneira normal, pero despois da separación da segunda etapa a terceira etapa non se acendeu. O control de terra activou a torre de escape do foguete cando este se atopaba a 192 km de altura, separando a cápsula tripulada do resto do foguete e sometendo os dous cosmonautas a unha aceleración de máis de 20 G. A cápsula acabou aterrando de maneira accidentada nos montes Altai, cerca da fronteira con China, rodando por unha ladeira e sendo detida por arbustos pouco antes dun precipicio. Os cosmonautas temeron estar no lado chinés da fronteira, pero tras unhas horas foron atopados e asistidos por xente do lugar falando en ruso antes da chegada do equipo de rescate. Lazarev sufriu feridas internas debido á alta aceleración e á rodaxe da cápsula e nunca máis volveu voar ao espazo.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Saliut 3 Soiuz 10 Soiuz 11 Soiuz 12 Soiuz 13 Soiuz 14 Soiuz 15 Soiuz 16 Soiuz 17 Soiuz 18

Notas

Categoría:Programa Soiuz