A Illa Air Force é unha illa deshabitada na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, Canadá. Localízase ao longo da costa do suroeste da illa de Baffin e ten un tamaño de 1.720 km².
O primeiro rexistro escrito da existencia da illa foi en 1948, do mesmo xeito que a veciña Illa do Príncipe Carlos e a Illa Foley, por un membro da tripulación da Royal Canadian Air Force (RCAF), Albert Ernest Tomkinson, voando nun Avro Lancaster. A illa foi nomeada en recoñecemento do papel da RCAF no levantamento do Arquipélago ártico canadense.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Árticas do Canadá
Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas deshabitadas