Hüseyin Aygün, nado en Tunceli o 20 de outubro de 1970, é un escritor, avogado e político turco da minoría zaza aleví. Foi representante da provincia de Tunceli no parlamento entre 2011 e 2015 polo CHP.

Traxectoria Ihsaniye Aygün traballou como avogado na súa cidade natal, despois de se formar na Facultade de Dereito da Universidade de Ankara. Escribiu varios libros, principalmente sobre o masacre de Dersim contra os zaza alevís. (2009) , (2010), (2012), (2014). Mais tamén é autor dun libro en zazaki, (2007).

Secuestro Militantes do PKK secuestrárono arredor das 19:00, hora local, o 12 de agosto de 2012, cando volvía de visitar a localidade de Ovacik (Tunceli) acompañado dun reporteiro dun xornal e do seu asesor. Os militantes saíronlle ao paso e tras pararen o seu coche na autoestrada levárono a un bosque, ameazándoo con dispararlle se opuña resistencia.

Os secuestradores liberárono o 14 de agosto de 2012. Nas súas primeiras declaracións afirmou que estaba ben de saúde e que o trataran con respecto, asegurando que pretendían realizar unha chamada ao cesamento das hostilidades. As súas declaracións xeraron controversia no seo do seu partido, e así Metin Feyzioğlu criticou a simpatía que desprendían por unha organización terrorista mentres o voceiro Haluk Koç subliñou o chamamento á paz expresado por Aygün.

Conflitos co seu partido Aygün fixo declaracións sobre a responsabilidade do seu partido no masacre de Dersim e máis tarde sobre o status do alevismo, causando polémica co resto dos deputados e co líder do partido Kemal Kılıçdaroğlu. Debido a estas declaracións contrarias á política do seu partido, algúns membros do CHP solicitaron a súa expulsión.

En 2014, Aygün participou na fundación do Movemento Xuño Unido, unha organización progresista formada despois das protestas de Gez e mostrouse partidario da súa conversión nun partido político.

Nas eleccións de xuño de 2015 non se presentou á reelección.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na provincia de Tunceli Categoría:Políticos de Turquía Categoría:Escritores en lingua turca Categoría:Escritores en lingua zazaki