Potamochoerus larvatus é unha especie de mamífero súido africano, unha das dúas especies do xénero Potamochoerus, xeralmente chamados potamóqueros.

Descrición

Os adultos miden de 66 a 100 cm de alto e pesan de 55 a 150 kg.Kingdon, J. (1997). The Kingdon Guide to African Mammals. Academic Press Limited, Londres. ISBN 0-12-408355-2 Aseméllanse ao porco doméstico, e poden ser identificados polo seu fociño, ollos pequenos, orellas peludas e dedos dobrados. A súa cor varía desde marrón avermellado a marrón escuro e volvese máis escuro coa idade. Ambos os sexos teñen unha melena de cor máis clara que se ergue cando o animal se altera. As partes superiores da face e das orellas tamén son de cor máis clara. Os seus cairos afiados son bastante curtos e pouco visibles. A diferenza dos facóceros (Phacochoerus), corren co rabo cara a abaixo. Os machos son xeralmente máis grandes que as femias.

Adoitan vivir en grupos de 12 individuos e son animais nocturnos.

Dieta

Son omnívoros e a súa dieta inclúe raíces, cultivos ou prea, así como años neonatos. Gruñen suavemente mentres se alimentan e emiten un gruñido longo e resoante como chamada de alarma. Son unha molestia significativa nas rexións agrícolas do sur de África, e cázanse bastante. Porén, a súa poboación nas zonas agrícolas segue crecendo malia os esforzos de caza, debido ao terreo en gran parte innaccesible onde viven, a abundancia de alimentos, falta de depredadores e á súa rápida capacidade de adaptación aos métodos de caza.

Distribución

Distribúese nunha ampla área, que comprende Etiopía, Somalia, sueste da República Democrática do Congo e cara ao sur ata Suráfrica (ver mapa). Tamén os hai en Madagascar e posiblemente no arquipélago das Comores. Non se sabe como chegou a estas illas, pero seguramente foi levado alí polos seres humanos, probablemente despois dun período de domesticación.Simoons (1953), cited in Wilson, D. E.; Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.

Subespecies

Recoñécense seis subespecies:Wilson, D. E.; Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.

Potamochoerus larvatus larvatus Potamochoerus larvatus edwardsi Potamochoerus larvatus hassama Potamochoerus larvatus koiropotamus Potamochoerus larvatus nyasae Potamochoerus larvatus somaliensis

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Súidos Categoría:Animais descritos en 1822