Ursus americanus floridanus é unha subespecie do oso negro americano, xeralmente chamada oso negro de Florida, que historicamente vivía nos Estados Unidos na maior parte de Florida e partes sur de Alabama, Xeorxia e Mississippi, aínda que agora vive principalmente en zonas protexidas. Viven en áreas forestais e están sufrindo pola redución do seu hábitat.
Descrición
Teñen un corpo grande con pelame negro brillante, un fociño marrón claro e un rabo curto e groso. Tamén é común que teñan unha mancha branca no peito. Actualmente é o mamífero terrestre máis grande de Florida, cun peso medio de 140 kg e algúns exemplares que chegan aos 230 kg. As femias xeralmente pesan menos. Un adulto medio mide entre 120 e 180 cm de lonxitude, e ten unha altura ata a cruz entre 76 e 110 cm.
Comportamento Son animais principalmente solitarios, excepto cando se xuntan en grupos ou en parellas durante a estación de apareamento. Aínda que son animais solitarios, en xeral, a maioría non son territoriais, e normalmente non defenden a súa área doutros osos. Os osos negros teñen unha boa vista, oído agudo e excelente olfacto . Autorregulan as poboacións segundo as calorías dispoñibles para comer. Unha vez que se produce a fecundación, o cigoto multiplícase ata chegar ao estado de blástula, a cal deixa de crecer ata o inverno, e despois, durante o período de hiperfaxia, se a nai comeu suficientes calorías, a blástula empeza a crecer de novo. Nalgúns casos, se a nai ten acceso a moita comida orixínanse varios xemelgos. Este atraso no crecemento do embrión denomínase diapausa embrionaria.
Hábitat Vive principalmente en hábitats forestais, e son comúns en zonas arbustivas con Pinus clausa, bosques mixtos do sueste de Florida e zonas húmidas. É a única subespecie de osos que vive na rexión subtropical. En menor extensión habita en praderías secas e bosques tropicais.
Área de distribución Antes de que Florida fose colonizada polos europeos, este oso ocupaba toda Florida, incluíndo moitas das illas ou caios. A área actual é moito máis esporádica con grupos illados que viven principalmente en áreas protexidas de Florida, e no sur dos estados de Alabama, Xeorxia e Mississippi. As áreas protexidas onde viven as maiores poboacións son o Bosque Nacional Ocala, a Reserva Nacional do Gran Ciprés, o Parque Naciona dos Everglades, o Bosque Nacional Apalachicola, o Bosque Nacional Osceola e o Refuxio Nacional de Vida ilvestre de Okefenokee. Un estudo da poboación de Okefenokee-Osceola atopou 500 osos nas áreas estudadas. A poboación actual en Florida estímase en máis de 4 000 osos.
Dieta Son omnívoros cunha dieta que varía moito coas estacións, principalmente porque moitas das súas especies preferidas para comer de flora e fauna son estacionais. En primavera come principalmente as plantas Sabal palmetto, Thalia geniculata, e Sus scrofa (porco bravo), Bombus bimaculatus (heminópteros) e especies de Camponotus (formigas). No verán come principalmente as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Rubus, Phytolacca rigida, Vaccinium, as formigas Camponotus e o fasmatodeo Anisomorpha buprestoides. En outono, come as plantas Serenoa repens, Ilex glabra, Nyssa biflora, e os heminópteros Vespula e Apis mellifera e tamén Dasypus novemcinctus (armadillo)
Conservación miniatura|Oso negro morto nun accidente de tráfico nunha estrada de Florida.
A perda de hábitats está afectando moito ás poboacións do oso negro de Florida. Cada hora pérdense case 81 000 m2. Os osos son feridos ou matados en accidentes de tráfico (desde 1976 houbo máis de 1 356 casos documentados de mortes) en Florida. Os accidentes son a súa principal causa de morte en Florida (89,5% dos osos mortos) desde 1994. En Florida estaba prohibida a súa caza desde 1994, mais isto foi despois revisado.
Revisión do seu status En 2012 a Comisión de Vida Silvestre e Pesca de Florida (FWC) quitou a esta subespecie da súa lista de especies ameazadas baseándose no seu tamaño de poboación segundo datos non actualizados desde 2002, a pesar da preocupación expresada por algúns biólogos pola perda de diversidade xenética e endogamia. Pero seguía sendo ilegal "danar ou matar a un oso neste estado, ou posuír ou vender partes do oso."
En 2015 a FWC aprobou a caza deste osohttp://www.bearstudy.org/website/updates/daily-updates/2805-bears-update-august-3-2015.html a pesar da oposición pública. Porén, en 2016, votouse adiar para o futuro a decisión de renovar o permiso para cazalo. Tomáronse medidas para reducir a interacción entre humanos e osos e utilizar cubos do lixo resistentes aos osos.
En 2016 varios grupos conservacionistas de Florida solicitaron ao Departamento do Interior dos Estados Unidos que o oso negro de Florida fose incluído na lista federal da Lei de Especies en Perigo norteamericana.
Notas
Categoría:Úrsidos