Bernard Werber, nado o 18 de setembro de 1961 en Tolosa, é un escritor francés, sobre todo coñecido pola súa triloxía Les Fourmis.
Traxectoria Estudou criminoloxía en Tolosa e xornalismo en París, colaborou en varios xornais, como L'Événement, Le Point, VSDBiographie de Bernard Werber sur le site de son éditeur Albin Michel e como xornalista especializado en ciencia de 1983 a 1990 en Le Nouvel Observateur.
Publicou a súa primeira novela, Les Fourmis en marzo de 1991. As súas obras traducíronse o trinta e cinco linguas, con 30 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Bernard Werber é, xunto a Marc Levy un dos autores franceses contemporáneos máis lidos internacionalmente, e con especial popularidade en Corea do Sur."Ces auteurs français qui séduisent la planète", L'Express, 7 de maio de 2017
En 2007 dirixiu a súa primeira longametraxe Nos amis les Terriens, producida por Claude Lelouch.
Obra miniatura|Bernard Werber en Montpellier, o 23 de maio de 2009 Na súa obra mestura diferentes xéneros, en particular a saga de aventuras, a ciencia ficción e o conto filosófico. O autor ás veces denominou ao seu estilo "filosofía-ficción"Entrevista a Bernard Werner, 25 de agosto de 2005.
Na maioría das súas novelas, Bernard Werber usa a mesma forma de construción, alternando artigos informativos de enciclopedia, e dous ou tres fíos narrativos. Os artigos precisan ou amplían as intrigas. Ademais todas as súas obras, sexan novelas ou relatos, entrecrúzanse. Así un mesmo personaxe pode aparecer tanto na triloxía de Les Fourmis como en L'Empire des anges, mais igualmente os temas son recorrentes, como a árbore das posibilidades de Isidore Katzenberg, ou mesmo a novela Nous les dieux que contén elementos do conto L’École des jeunes dieux.
Non obstante a súa popularidade, non adoita contar co beneplácito da crítica literaria"Le cas Werber", L'Express, 15 de novembro de 2001.
Obras
A triloxía de Les Fourmis Les Fourmis, 1991, premio dos lectores de Sciences et Avenir. Le Jour des fourmis, 1992, Gran premio das lectoras de Elle La Révolution des fourmis, 1996
Pentaloía do ceo Les Thanatonautes, 1994 L'Empire des anges, 2000, premio Jules-Verne
Ciclo dos deuses Nous les dieux, 2004 Le Souffle des dieux, 2005 Le Mystère des dieux, 2007
Ciclo Aventureiros da ciencia Le Père de nos pères, 1998 L'Ultime Secret, 2001 Le Rire du cyclope, 2010
Ciclo Troisième Humanité Troisième Humanité, 2012 Les Micro-Humains, 2013 La Voix de la Terre, 2014
Novelas independentes Le Papillon des étoiles, 2006 Le Miroir de Cassandre, 2009 Le Sixième Sommeil, 2015 Demain les chats, 2016
Libros experimentais L'Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 1993 Le Livre du voyage, 1997, premio dos lectores do «Livre de Poche» Le Livre secret des fourmis, 2003 Nos amis les Terriens, petit guide de découverte, 2007, álbum baseado na longametraxe Nos amis les Terriens Nouvelle Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 2009 Voyage au cœur du vivant, 2011, álbum
Películas La Reine de nacre (curtametraxe, 15′), 2001 Les Humains (curtametraxe, 9′), 2003 Nos amis les Terriens, longametraxe producida por Claude Lelouch, estreada o 18 de abril de 2007
Teatro Nos amis les humains, 2003 estrea en 2004 por Jean-Christophe Barc, interpretado por Audrey Dana e Jean-Christophe Barc. Bienvenue au paradis, 2011 estrea en 2011 por Jean-Christophe Barc e interpretado por Thierry Liagre.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Xornalistas de Francia Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Escritores de Francia