A VG-4.1 ou Vía de Alta Capacidade Sanxenxo-A Lanzada (Corredor do Salnés) (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Sanxenxo e A Lanzada; ambas no concello de Sanxenxo. Ten unha lonxitude de 6,84 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-41 en Sanxenxo e finaliza nun cruzamento coa PO-308 na Lanzada (Sanxenxo).

Percorrido

Inicia na final da autovía do Salnés, AG-41, na ligazón coa estrada PO-504 con dirección cara a sur a Sanxenxo e outra cara a norte a Vilalonga, seguindo á ligazón da Xesteiriña coa estrada EP-9206, seguindo á ligazón de Pontes coa estrada que vai a Pontes (cara a sur) e a Fabal (cara a este). Remata na rotonda da estrada PO-308 á praia da Lanzada no concello do Grove.

Historia

Os 3 primeiros treitos da VG-4.1 iniciaron as obras, a principios do ano 1992 (treitos: Curro-Barrantes, Barrantes-Meaño e Meaño-Sanxenxo) e foi inaugurado en xuño de 1993 sen a conexión coa autoestrada AP-9. 3 meses despois desta inauguración, inauguraron a conexión coa AP-9 desde a ligazón de Curro, en setembro de 1993. En decembro de 1999 foi inaugurado o último treito, entre Sanxenxo e a praia da Lanzada.

Ao ser unha vía rápida mais perigosa polo aumento da sinistralidade, co desdobramento do Corredor de Salnés, pasaron do corredor galego á vía para automóbiles e reduce a velocidade limitada a 90 km/h, antes estaba en 100 km/h e polo crecemento do tráfico da vía para automóbiles, a intensidade media diaria de vehículos (IMD) superaron o límite dos 10.000 vehículos diarios e a alta sinistralidade, proxectara o desdobramento da vía para automóbiles só o treito entre a autoestrada AP-9 e Sanxenxo, coa posta de servizo en dous treitos, o primeiro treito, no ano 2008, entre Curro e Sanxenxo duns 17 quilómetros e o segundo treito, no ano 2012, entre a autoestrada AP-9 e Curro duns 2 quilómetros. Na actualidade aínda non avanzou o proxecto do último treito pendente a desdobrar, entre Sanxenxo e a praia da Lanzada.

Treitos

Treitos orixinais

Denominación Treito Kms Ano servizo A Portela - Curro 1,6 1993 Curro - Sanxenxo 19 1993 Sanxenxo - A Lanzada 6,8 1999

Conversión en

Denominación Treito Kms Ano servizo A Portela - Curro Tramo completo Nó de Curro   2 -   2012 2012 Curro - Sanxenxo Tramo parcial: Curro - Os Coutos Tramo completo: Curro - Sanxenxo   7 17   1 carril por sentido: 2008 2 carrís por sentido: 2008

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Sanxenxo Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes