O Vireo caribaeus é unha especie de ave paseriforme pertencente ao numeroso xénero Vireo da familia Vireonidae. É endémico da illa colombiana de San Andrés, no mar Caribe (fronte á costa oriental de Nicaragua). Atópase na maioría da illa, pero a perda de diversos hábitats limita a poboación agora á parte sur.

Descrición É unha ave pequena que acada ata 12,5 cm de lonxitude. É de cor verde oliva no dorso e abrancazado ou amarelo claro no ventre. Presenta dúas barras brancas nos bordos da á, bordos pálidos nas plumas de voo e unha franxa de cor amarelo claro entre o peteiro e os ollos. O ollo é de cor gris-marrón. (2003) Birds of the West Indies, Christopher Helm, London. Emite varios cantos e chamados; produce un chamado dunha sílaba, un canto repetido de dúas sílabas e un canto de tres sílabas.BirdLife International (2009) Species factsheet: Vireo caribaeus . Consultado o 24 de setembro de 2010.

Ten un peteiro lixeiramente máis delgado e máis escuro que o vireo dos mangleiros (Vireo pallens). O seu peteiro é un pouco máis longo e máis escuro que o do vireo de Xamaica (Vireo modestus), do que tamén difire por ter un ollo branquecino e unha franxa máis delgada entre o peteiro e os ollos (1950) Birds of Cayo Largo (Cuba), San Andrés and Providencia, Proceedings of the Natural Academy of Sciences, 102: 43-68.

Hábitat Vive soamente na illa de San Andrés, no suroeste do Caribe. Preséntase nunha variedade de hábitats, incluíndo bosques, plantacións de cacao, pasteiros, matogueiras e mangleirais. Prefire a vexetación cun sotobosque denso. É máis común no sur menos urbanizado da illa.

Estado de conservación A poboación estímase entre 8 200 e 14 000 paxaros. Pode ser vulnerable aos efectos dos furacáns. (2005) The American White Pelican (Pelecanus erythrorhynchus) in Colombia, with comments on the effects of Caribbean hurricanes , Caldasia, 27: 271. Amenázao a perda de hábitat a medida que aumenta a poboación da illa, aínda que é relativamente tolerante á degradación do hábitat e segue sendo unha das aves máis comúns da illa. Está clasificada como ameazada de extinción en grao “vulnerable” por BirdLife International.

Comportamento

Aliméntase de eirugas e outros artrópodos da vexetación. O territorio de reprodución abarca arredor de 0,5 hectáreas. O aniñamento rexístrase en xuño; o niño é construído colgando sobre unha póla dos arbustos e mangleiros. A femia pon dous ovos lixeiramente manchados. (1993) Birds of the West Indies, 5th ed., Collins, London.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeos, fotos e sons de Vireo caribaeus en The Internet Bird Collection. Sons e mapa de distribución de Vireo caribaeus en xeno-canto.

Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1942 Categoría:Fauna endémica de Colombia