O dinka (chamado thuɔŋjäŋ, thuɔŋ ee Jieng ou sinxelamente jieng) é unha lingua nilo-sahariana falada polo pobo dinka, o principal grupo étnico do Sudán do Sur. Existen diferentes variedades, o ngok, o rek, o agaar, o awiel, o twic mayardit, o hol, o nyarweng, o twi e o bor, que son diferentes de abondo para requirir estándares lingüísticos separados e ser consideradas linguas diferentes. Jaang, jieng ou monyjieng é o termo xeral que abrangue tódalas variedades da lingua. O rek é o estándar e o dialecto de prestixio. O dinka está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en dinka Bibliografía Andersen T. (1987). "The phonemic system of Agar Dinka". Journal of African Languages and Linguistics 9, 1–27. Andersen T. (1990). "Vowel length in Western Nilotic languages". Acta Linguistica Hafniensia 22, 5–26. Andersen T. (1991). "Subject and topic in Dinka". Studies in Language 15, 265–294. Andersen T. (1993). "Vowel quality alternation in Dinka verb inflection". Phonology 10, 1–42. Beltrame, G. (1870). Grammatica della lingua denka. Firenze: G. Civelli.

Categoría:Linguas nilóticas Categoría:Linguas nilo-saharianas Categoría:Linguas do Sudán do Sur Categoría:Linguas do Sudán