miniatura|Gravado en madeira representado a Huangfu Mi Huangfu Mi (chinés tradicional: 皇甫謐; chinés simplificado: 皇甫谧; pinyin: Huángfǔ Mì; Wade-Giles: Huang2-fu3 Mi4), nome de cortesía Shi'an (士安), nado no 215 a. C. e finado no 282 a.C., foi un erudito e médico chinés que viviu durante o período final da dinastía Han, o dos Tres Reinos, e o comezo da dinastía Jin.
Traxectoria Naceu nunha familia de agricultures pobres de ChaonaLi Yaming 李亞明 (1996), "Huangfu Mi 皇甫謐" in Feng Kezheng 馮克正, Fu Qingsheng 傅慶升 (ed.), Zhuzi baijia da cidian 諸子百家大辭典 (Shenyang: Liaoning renmin chubanshe), p. 77., na actual provincia de Gansu. Sufriu apoplexía e decidiu estudar medicina. Entre 256 e 260, cara á fin do estado de Cao Wei, compilou un tratado de acupuntura Zhenjiu jiayi jing, unha obra en 12 volumesOrixinalmente eran 10 mais posteriormente reordenouse en 12: "Huangfu Mi" en chinaculture.org divididos en 128 capítulos e que incorporaba as partes máis importantes dos considerados tres clásicos da época, Huangdi Neijing, Zhenjing e Mintang Kongxue Zhenjiu Zhijao Hong Wuli (2008) "Huangfu Mi" in Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures Springer pp 1081-1081, converténdose un dos primeiros traballos sistemáticos sobre acupuntura e moxibustión, e tamén un dos máis influentesCheng Xinnong Chinese Acupuncture and Moxibustion, 1987. Compilou tamén diversos tratados sobre fórmulas médicas Miranda Brown (2015)The Art of Medicine in Early China: The Ancient and Medieval Origins of a Modern Archive Cambridge University Press, p. 135 Para alén das súas obras médicas tamén compilou dez libros nunha serie denominada Diwang shiji no que recolle fragmentos históricos dunha multitude de fontes, e no que traza a orixe de varias casas reinantes ao pasado remoto; escribiu ademais biografías de personalidades eminentes que agrupou en Gaoshi zhuan, un dos primeiros exemplos de biografía colectiva.Wendy Swartz, Robert Campany, Yang Lu, Jessey Choo (2013) Early Medieval China: A Sourcebook Columbia University Press, 2013, p. 334 En Shiquan lun filosofa sobre a obriga moral de servir nun posto, en particular se o gobernante é un tirano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Finados en 282 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Médicos da China Categoría:Nados en 215 Categoría:Nados na China Categoría:Historiadores