Antonio Presa Viso, nado en Ribadetea (Ponteareas) en 1895 e finado na mesma parroquia o 14 de xaneiro de 1924El Tea, 24-1-1924, p. 2., foi un escritor galego.

Traxectoria Foi correspondente de Heraldo de Vigo en Ponteareas. Oficial de Facenda, traballou nas Delegacións de Facenda de Segovia e León. Pertencía ao Partido Nazonalista Gallego. Publicou poemas en Vida Gallega, Diario de León e Blanco y Negro e foi colaborador de El Tea onde publicaba unha sección titulada "Enxebradas. Lira Celta". Foi autor do xoguete cómico A dona do agrario estreada polo coro Foliadas e Cantigas de Pontevedra, no Salón Quiroga de Marín, o 22 de abril de 1923; da comedia en dous actos e un prólogo A Morriña estreada tamén por Foliadas e Cantigas no Teatro Tamberlick de Vigo en xuño dese mesmo ano e doutra obra titulada Cornetada. Morreu aos 28 anos.

Obras A Morriña, 1925 (con ilustracións de Castelao). Terra adourada (Obra rescatada), 1995.

Vida persoal Casou en Ourense con Mercedes Sas Murias en 1917.El Tea, 28-9-1917, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público