Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil (tamén coñecido polo apelativo "Dezaoito Coello"), foi o décimo terceiro ajaw ou gobernante da poderosa cidade-estado maia de Copán, na actual Honduras (o seu nome maia cásico era probablemente Oxwitik)Stuart 1996.. Gobernou dende o 2 de xaneiro de 695 até o 3 de maio de 738.

Historia Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil ascendeu ó trono de Copán despois da morte de décimo segundo gobernante, Chan Imix K'awiil, en 695. Comezou o seu reinado coa construción da Estrutura de Esmeralda co obxectivo de enterrar os restos de Chan Imix K'awiil. Isto terminou ritualmente o antigo templo adxacente de Papagayo construído 250 anos antes polo segundo gobernante K'inich Popol Hol, fillo de K'inich Yax K'uk' Mo'.Sharer 2006. Posteriormente, construíu as escaleiras xeroglíficas do lado leste da Estrutura Esmeralda. Unha pasaxe na escaleira conmemora a súa construción 15 anos despois da morte de Chan Imix K'awiil.Fash 2001.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 738 Categoría:Civilización maia