miniatura|444px|Vista panorámica do ceo completo en infravermello próximo. A situación do Grande Atractor localízase seguindo a frecha azul longa do fondo á dereita. miniatura|Imaxe do telescopio Hubble da rexión do ceo na que se localiza o Grande Atractor O Grande Atractor é unha anomalía gravitatoria que se encontra no espazo intergaláctico no centro do proposto Supercúmulo Laniakea, que indica a existencia dunha concentración de masa localizada que é decenas de miles de veces máis masiva que a Vía Láctea. Esta masa é observable polo seu efecto no movemento das galaxias e os seus cúmulos asociados nunha rexión de centos de millóns de anos luz de lonxitude. O Grande Atractor está movéndose cara ao Supercúmulo de Shapley. Recentes estudos astronómicos revelaron a existencia dun novo supercúmulo de galaxias, denominado Supercúmulo de Vega, na localización onde teoricamente debería estar o Gande Atractor.

Estas galaxias presentan todas desprazamento ao vermello, de acordo co fluxo de Hubble, o que indica que están afastándose de nós e unhas doutras, mais as variacións no seu desprazamento ao vermello son suficientes para revelar a existencia dunha anomalía. As variacións nos seus desprazamentos ao vermello son coñecidas como velocidades peculiares, e cobren un rango duns +700 km/s a −700 km/s, dependendo da desviación angular con respecto á dirección do Grande Atractor.

Localización

As primeiras indicacións da desviación da expansión iuniforme do Universo obtivéronse en 1973 e de novo en 1978. A localización do Grande Atractor determinouse finalmente en 1986: está situado a unha distancia entre 150 e 250 millóns de anos luz (47–79 Mpc) (a última cifra é a estimación máis recente) da Vía Láctea, na dirección das constelacións Triangulum Australe e Norma. Aínda que os obxectos situados nesa dirección sitúanse na chamada Zona de Evitación (a parte do ceo nocturno escurecida pola Vía Láctea) e son por iso difíciles de estudar con lonxitudes de onda visibles, as observacións de raios X revelaron que esa rexión do espazo está dominada polo cúmulo de Norma (ACO 3627), un cúmulo masivo de galaxias no que predominan grandes galaxias vellas, moitas das cales están colidindo coas súas veciñas e radiando grandes cantidades de ondas de radio.

Debate sobre a súa masa aparente

En 1992, gran parte dos sinais aparentes do Grande Atractor eran atribuídos ao efecto do nesgo de Malmquist. En 2005, os astrónomos realizaron un exame de raios X dunha parte do ceo coñecido como proxecto dos cúmulos da Zona de Evitación (ou CIZA, do inglés Clusters in the Zone of Avoidance) e informaron que o Grande Atractor tiña en realidade só unha décima parte da masa que os científicos inicialmente estimaran. Este estudo tamén confirmou teorías anteriores como que a Vía Láctea está sendo atraída cara a un cúmulo de galaxias moito máis masivo preto do Supercúmulo de Shapley, que se encontra máis alá do Grande Atractor, e que se chama atractor de Shapley.

Fluxo escuro

Un termo que se ten utilizado ás veces en relación co Grande Atractor é o de "fluxo escuro'". O fluxo escuro en astrofísica describe un posible compoñente non aleatorio da velocidade peculiar duns cúmulos de galaxias. A velocidade medida é a suma da predita pola lei de Hubble sumada a unha posible e inexplicada pequena velocidade "escura" que flúe nunha dirección común á dos cúmulos galácticos.

Supercúmulo Laniakea Propúxose a existencia do Supercúmulo Laniakea, definido como a cunca do Grande Atractor, que comprende os anteriormente definidos supercúmulos de Virgo e Hydra-Centaurus. Deste xeito, o Grande Atractor sería o núcleo dun novo supercúmulo.

Supercúmulo de Vela En 2016, un equipo multinacional de astrónomos surafricanos, europeos e australianos dirixidos polo astrónomo australiano Renée C. Kraan-Korteweg anunciou o descubrimento dun novo supercúmulo de galaxias, denominado Supercúmulo de Vega, que explicaría ben a identidade do misterioso Grande Atractor. Usando datos do espectrógrafo AAOmega, o Telescopio anglo-australiano de 3.9 m e o Gran Telescopio surafricano, detectaron unha rexión de sobredensidade galáctica consistente coa designación de "supercúmulo", que proporciona a explicación requirida para unha anomalía gravitatoria na veciñanza do supercúmulo de Shapely, onde se teoriza que está localizado o Grande Atractor..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas New Map Locates Milky Way in Neighborhood of 100,000 Galaxies. Nadia Drake para National Geographic, 3 de setembro de 2014 Cosmography of the Local Universe en Vimeo mostrando o Grande Atractor

Categoría:Astronomía