A lingua kabiye é unha lingua níxer-congo falada principalmente no norte de Togo. Ó longo do século XX, produciuse unha gran migración ó centro e ó sur de Togo e tamén a Ghana e Benín. Segundo a oficina de estatística de Lomé, os falantes de kabiye representaban o 23% da poboación de Togo en 1999.Lébikaza, Kézié Koyenzi (1999). Grammaire kabiyè: une analyse systématique - phonologie, tonologie et morphosyntaxe, p.33. Cologne: Rüdiger Köppe.
O kabiye é unha das dúas linguas nacionais de Togo (xunto co ewe). No contexto togolés, "lingua nacional" implica que a lingua é promovida nos medios de comunicación nacionais e na educación.Roberts, David (2011). The development of written Kabiye and its status as one of the "national" languages of Togo. In ed. Ochieng Orwenjo & Obiero Ogone, Language and politics In Africa: Contemporary issues and critical perspectives, 468-494. Newcastle-on-Tyne: Cambridge Scholars Publishing.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kabiye Ligazóns externas Entrada de Kabiye en Ethnologue
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Ghana Categoría:Linguas de Togo Categoría:Linguas de Benín