Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias.Sharer & Traxler 2006, p.339. Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.Adam Risius 1999.
Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.
A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos. Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo reino dentro da área sur maia.Sharer & Traxler 2006, pp.339, 476. A cidade sufriu un gran desastre político no ano 738, cando Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil, un dos meirandes reis da historia dinástica de Copán, foi capturado e executado polo seu antigo vasalo, o rei de Quiriguá.Martin & Grube 60012, pp.203–205. Looper 2003, p.76. Miller 1999, pp.134–35. Esta inesperada derrota significou un hiato de 17 anos na cidade, e durante este tempo Copán puido ter intercambiado os papeis con Quiriguá.Martin & Grube 2000, pp.206–207.
Unha parte significativa da zona leste da acrópole foi erosionada polo río Copán, aínda que o río foi desviado para protexer o sitio contra un maior dano.
Nomes Crese que o nome antigo de Copán era Oxwitik (/oʃwitik/), que significa "tres witiks", aínda que o significado da palabra witik é descoñecido.Stuart 1996.Stuart and Houston 1994, pp. 23, 25.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Honduras Categoría:Civilización maia