Os pobos maias son un grupo de pobos indíxenas de Mesoamérica. Habitan no sur de México, Guatemala, Belize, O Salvador e Honduras. O termo "maia" é unha designación colectiva que inclúe a pobos da mesma área que comparten algún grao de herdanza cultural e lingüística ; porén, abrangue poboacións con características distintivas, poboacións, sociedades e grupos étnicos que teñen as súas propias tradicións, culturas e identidade histórica.

A poboación precolombiana maia era de arredor de oito millóns de persoas.The pre Columbian Civilisations of Central America – The Mesoamericans – Causes and Consequences of the Medieval Warm Period . Sites.google.com. Consultado o 27 de abril de 2014. Arredor de sete millóns de maias vivían nesta área a comezos do século XXI.Indigenous Peoples of the World: The Maya . Intercontinentalcry.org. Consultado o 27 de abril de 2014. As poboacións de Guatemala, o sur de México e a península do Iucatán, Belize, O Salvador e o oeste de Honduras conseguiron manter en grande medida a súa herdanza cultural. Algunhas poboacións están bastante integradas dentro da maioría mestiza castelanizada das nacións nas que residen, mentres que outras manteñen un estilo de vida máis tradicional, mantendo algunha das linguas maias como primeira lingua.

A meirande poboación contemporánea de maias habita en Guatemala, Belize, e as partes occidentais de Honduras e O Salvador, así como en partes dos estados mexicanos do Iucatán, Campeche, Quintana Roo, Tabasco e Chiapas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos de Belize Categoría:Grupos étnicos de México Categoría:Grupos étnicos de Guatemala Categoría:Grupos étnicos de Honduras Categoría:Grupos étnicos do Salvador Categoría:Pobos indíxenas de América Central