José Bargueiras Barreiro, nado en Riotorto cara a 1879 e finado en Cuba, foi un industrial e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de José Bargueiras Fernández. Foi segador en Castela. Emigrou a Cuba con 22 anos. Montou un taller de ferreiría na Habana. En 1912 fundou La Patria Gallega, do que foi director.La prensa de A Mariña en la emigración Foi presidente da sociedade Emigrados de Riotorto de 1917 a 1921, apoderado do Centro Gallego de La Habana e presidente desta entidade en 1926.El Correo Gallego, 4-3-1926, p. 4.. En 1952 presidiu a asemblea de compromisarios do Centro Galego da Habana.El Progreso, 18-5-1952, p. 5.

Notas

Categoría:Xornalistas de Riotorto Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en ano descoñecido