O xermoplasmaTermo galego en Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos, Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro Lexterm. Universidade de Brasilia. 2007 é o conxunto de xenes que se transmite pola reprodución á descendencia por medio de gametos ou células reprodutoras. O concepto de xermoplasma utilízase comunmente para designar á diversidade xenética das especies vexetais silvestres e cultivadas de interese para a agricultura e, nese caso, asimílase ao concepto de recurso xenético.
Co fin de conservalo en calquera da súa forma reprodutivas (sementes, esgallos, tubérculos etc) establecéronse no mundo os chamados bancos de xermoplasmaTermo galego en Léxico panlatino de biotecnoloxía e cultivo de tecidos, Rede Panlatina de Terminoloxía / Centro Lexterm. Universidade de Brasilia. 2007: a súa misión consiste en situar, colleitar, conservar e caracterizar o plasma xerminal das plantas que, polos seus atributos son consideradas de interese prioritario para beneficio da humanidade, ademais de achegar coñecemento científico orientado á optimización da conservación e uso dos recursos fitoxenéticos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biodiversidade
Categoría:Ecoloxía Categoría:Agricultura Categoría:Xenética