O endocardio é unha membrana que recobre localmente as cavidades do corazón. Forma o revestimento interno das aurículas e ventrículos. As súas células son semellantes tanto embrioloxicamente como bioloxicamente ás células endoteliais dos vasos sanguíneos. O endocardio é máis groso nas aurículas e presenta tres capas: A capa interna ou endotelial A capa media ou subendotelial A capa externa ou subendocárdica

Descrición Trátase dun delgado revestimento interno do corazón que se atopa constituído por células endoteliais e unha delgada capa de tecido conectivo laxo. No endocardio mural agréganse unha túnica músculo-elástica rudimentaria e antes do miocardio, unha capa grosa subendocárdica de tecido conectivo laxo vascularizado. Porén, debemos lembrar que o endocardio valvular é avascular.

As válvulas cardíacas, ademais do endocardio están constituídas por unha capa fibrosa densa subendocárdica, unha esponxosa de tecido conectivo moi laxo, rico en matriz extracelular e unha ventricularis con moitas fibras elásticas.

As válvulas semilunares (aórtica e pulmonar) presentan comisuras e as auriculoventriculares constitúen un aparello valvular (válvula, cordas e músculo papilar). Todas atópanse insertas nun anel fibroso denso. Coa idade, vólvense máis grosas e máis opacas.

Notas

Categoría:Anatomía cardíaca Categoría:Histoloxía