María Teresa Veiga Díaz, coñecida como Maite Veiga, é unha profesora, tradutora e cantante galega.
Traxectoria Graduouse e doutorouse en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, dedicouse de forma profesional á tradución dende 1997 ata o 2011, en especial á tradución de textos científicos e dende o 2003 imparte clases na universidade na cal se graduou.
Ademais de ser docente tamén forma parte do grupo de música Milesios, co cal sacou o segundo álbum de grupo titulado Indoevindo en febreiro de 2017.
Obra Maite Veiga formou parte do grupo de investigación GETLT e actualmente forma parte do grupo Estudos de Tradución, Interpretación, Linguas Orais e Signadas (ESTILOS). A súa liña de investigación abrangue diversos temas como a tradución científica, a pedagoxía da tradución, a tradución multimedia e as linguas minorizadas, en particular o galego. Entre as súas publicacións, destacan: "Translators as Agents of Linguistic Change: Color Terms in Medieval Literature Translated into Galician" (2012) Traducción multimedia: diversas pantallas, enfoques diversos (2013) "Guided Inquiry and Project-Based Learning in the field of specialised translation: a description of two learning experiences" (2015) "Constructively aligned assessment: an integral approach to translation teaching and learning" (2016) "Moving towards Entrepreneurial Translator Education: a Review of Entrepreneurship Competence in Spanish Translator Education Programmes" (2020) "Adquisición y evaluación de competencias para la traducción inversa premium de artículos científicos" (2020) "Cross-curricular Training of Specialized Translators: an Interdisciplinary Didactic Experience in Economic and Technical Translation" (2023) "Self-Efficacy and Self-Awareness in Scientific Translators’ Education: A Preliminary Study" (2023) "Colour as a metacognition enhancing strategy in scientific translators’ education" (2023)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Outras publicacións de Maite Veiga
Categoría:Nados en Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido