O mexicano (en ; tamén coñecido como Desperado 2) é un filme estadounidense de western e acción escrito, producido, editado e dirixido por Robert Rodriguez que se estreou no ano 2003. É o terceiro e derradeiro filme da triloxía de Rodriguez Mexico Trilogy, e é unha secuela de O mariachi e Desperado. Está protagonizado por Antonio Banderas na súa segunda e final interpretación como El Mariachi. No filme, El Mariachi é recrutado polo axente da CIA Sheldon Sands (Johnny Depp) para que mate a Armando Barillo (Willem Dafoe), un señor da droga mexicano que artella un golpe de estado contra o presidente de México. Ó mesmo tempo, El Mariachi busca vingarse contra o xeneral corrupto responsable da morte da súa muller, Carolina (Salma Hayek).
Foi o primeiro filme de Rodriguez cun grande orzamento para ser rodado en HD dixital. O mexicano recibiu críticas positivas pero foi criticado por reducir ó seu protagonista a unha personaxe secundaria na súa propia triloxía e por ter un argumento enguedellado.
Estreouse en galego o 30 de agosto de 2007 a través da TVG.La Voz de Galicia, 30 de agosto de 2007. Páx. 59
Personaxes Antonio Banderas como El Mariachi Salma Hayek como Carolina Johnny Depp como Sheldon Jeffrey Sands Mickey Rourke como Billy Chambers Eva Mendes como Ajedrez Barillo Danny Trejo como Cucuy Enrique Iglesias como Lorenzo Marco Leonardi como Fideo Cheech Marin como Belini Rubén Blades como Jorge Ramírez Willem Dafoe como Armando Barillo Pedro Armendáriz, Jr. como Presidente Tony Valdes como rapaz da goma de mascar Gerardo Vigil como Xeneral Márquez Miguel Couturier como Dr. Guevera Julio Oscar Mechoso como Nicholas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes producidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes producidos por Elizabeth Avellán Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Troublemaker Studios Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego