miniatura|Rakhmáninov en 1892. Six Moments Musicaux (en galego Seis momentos musicais; , Shest’ Muzykál’nykh Moméntov), Op. 16, son unha serie de pezas para piano solista compostas polo compositor ruso Serguéi Rakhmáninov entre outubro e decembro de 1896. Texto en Google Books. Os Moments musicaux constan dun grupo de seis obras separadas que reproducen formas musicais características de períodos musicais anteriores. As formas que aparecen na obra de Rakhmáninov son o nocturno, a canción sen palabras, a barcarola, un virtuoso estudo e o tema con variacións.

As pezas consideradas individualmente teñen sido descritas como «verdadeiras pezas de concerto, sendo máis apreciadas no escenario cun piano de cola». A pesar de ser compostas como parte dunha serie, cada peza pode ser interpretada individualmente como un solo de concerto cos seus propios temas e ambientes. Abranguen unha ampla variedade de temas dende unha sombría marcha fúnebre presente no número tres ao maxestoso canon do número seis, os Moments Musicaux constitúen tanto unha revolución no xénero como unha volta á composición para piano só de Rakhmáninov. Unha interpretación habitual adoita durar uns trinta minutos.

Nunha entrevista que tivo lugar en 1941, Rakhmáninov afirmou, «o que intento facer, ao transcribir a miña música, é dicir de xeito directo e simple o que o meu corazón sente ao compoñer». A pesar de ter composto os Moments Musicaux por encontrarse en apuros económicos, Notas ao CD. as pezas resumen o seu saber na composición para piano ata o momento. O Andantino comeza a serie cunha longa e reflexiva melodía que se desenvolve ata acadar un rápido clímax. A segunda peza, o Allegretto, é a primeira das poucas da serie que revelan a súa mestría na técnica pianística. (notas ao CD) O Andante Cantabile é un contraste entre as dúas pezas que a rodean, explicitamente denominadas marcha fúnebre e lamento. (tese) O Presto obtén a súa inspiración de varias fontes, entre as que se encontran os Preludios de Frédéric Chopin, sintetizadas nunha explosión de intensidade melódica. A quinta peza da serie, denominada Adagio sostenuto, é un respiro en forma de barcarola, antes do final Maestoso, que conclúe a serie cunha grosa textura en tres partes. En Six Musical Moments, Rakhmáninov ilustra completamente, nas súas propias palabras, «o que o meu corazón sente».

Orixes Contra o outono de 1896, o estado financeiro de Rakhmáninov era precario, agraviado por un roubo que sufriu nunha viaxe en tren realizada con anterioridade. Presionado durante longo tempo, tanto pola falta de recursos económicos como por aqueles que esperaban a conclusión da súa primeira sinfonía, «apresurouse a producir». O 7 de decembro escribiu a Aleksnadr Zatayevich, un compositor ruso que coñecera antes de compoñer a obra, dicíndolle, «Apresúrome para obter os cartos que preciso para unha data en concreto... Esta presión financeira perpetua é, por unha banda, bastante beneficiosa... para o día 20 deste mes teño que ter rematado seis pezas para piano». Rakhmáninov completou as seis entre outubro e decembro de 1896 e foron todas adicadas a Zatayevich. A pesar das duras condicións, a obra amosa clara evidencia do seu temperán virtuosismo e establece un exemplo da calidade que terían as súas obras futuras.

Six Moments Musicaux é unha sofisticada obra que conta cunha gran duración, grosas texturas e elevadas esixencias técnicas para quen a interpreta, maiores que en calquera das súas pezas anteriores para piano só. É similar ao memorable Estudo en re sostido menor (Op. 8, n.º 12) de Aleksandr Skriabin —en ambas obras, o detalle é máis funcional que ornamental na súa argumentación musical—. É aquí, máis que en Morceaux de Fantaisie (Op. 2, 1892) ou Morceaux de Salon (Op. 10, 1894), onde Rakhmáninov plasma as específicas cualidades do seu xeito de tocar na súa música. Os números tres e cinco posúen un apaixonado lirismo, mais as demais requiren un pianista cunha técnica virtuosa e unha gran percepción musical. Estas pezas foron compostas cara á metade da carreira de Rakhmáninov (notas ao CD) e creou unha base de voces centrais que elaboraría nos seus Preludios, Op. 23 e Études Tableaux, Op. 33. Aínda que o propio compositor adoitaba estrear as súas propias obras, non foi o primeiro en interpretar estas e a data da estrea non foi determinada aínda.

O nome da serie está inspirado no ciclo para piano de Franz Schubert, tamén chamado Six Moments Musicaux (Op. 94, 1828).

Composición Andantino en si bemol menor miniatura|300px|No Andantino, o con moto amosa unha longa melodía en métrica composta (7/4). A primeira peza ten un tempo andantino (moderado), conta cunha extensión de 113 compases e está marcada como 72 negras por minuto. Está dividida en tres seccións distintas. A primeira presenta un tema en compás de 4/4 cunha melodía en estilo nocturno na man esquerda. Unha pausa na metade, en aproximadamente o mesmo lugar que no primeiro Moments Musicaux de Schubert, mostra a influencia que tivo este compositor na obra. A segunda parte está marcada con moto (con movemento), a 76 negras por minuto, e é unha variación do primeiro tema nunha configuración infrecuente de sete negras por compás (7/4). Esta parte finaliza cunha cadenza. A terceira sección introduce a última variación do tema, tamén en 4/4, pero máis rápido, un Andantino con moto a 84 negras por minuto. A peza finaliza cunha coda que volve ao primeiro tempo e repite porcións das anteriores tres partes. Acaba cunha cadencia perfecta na tonalidade de si bemol menor.

O Andantino é a peza de maior duración da serie cun tempo aproximado de interpretación de oito minutos e medio. É descrita como un híbrido xenérico, combinando elementos dos xéneros nocturno e do tema con variacións. A melodía é cromática, sincopada e longa, elementos idiosincráticos que Rakhmáninov frecuentemente inclúe nas súas obras. Debido a isto, o Andantino considérase como unha extensión do seu Nocturno en la menor da serie de Morceaux de Salon (Op. 10, n.º 1, 1894). Con todo, o Andantino pode considerarse como unha peza autónoma coas súas propias dificultades, como as seccións con múltiples fraseos nunha soa man.

Allegretto en mi bemol menor miniatura|300px|Na sección segunda do Allegretto, a dinámica cambia tan frecuentemente que se converte nunha das maiores dificultades da peza. A segunda peza, denominada como unha «peza brillante», marca un contraste coa melodía lírica e “atmosférica” da primeira peza. A peza está no tempo rápido allegretto (rapidamente), a 92 negras por minuto. Ten 131 compases de extensión, sendo a que máis ten de todas as pezas, mais é a segunda máis curta ao ser tocada, normalmente non dura máis de tres minutos e medio (a máis curta é a número catro). Esta peza representa un típico estudo do Romanticismo musical, cun estilo parecido aos Estudos (Op. 10 e Op. 25) de Frédéric Chopin, cunha melodía dispersa entre rápidas figuras de sestinas. Está escrita nunha forma ternaria estrita con coda: seccións idénticas de inicio e final comezando nos compases 1 e 85, e unha sección central contrastante que comeza no compás 45. A segunda sección cambia radicalmente de dinámica, constantemente, indo de piano a fortissimo e mesmo sforzando. Conforma, durante toda a obra, un torrente sen fin de semitóns descendentes e un motivo na man que cae como unha fervenza lembrando o Estudo Revolucionario (Op. 10, n.º 12, 1831) de Chopin. A peza remata cunha lenta coda en adagio (cómodo) que finaliza cunha cadencia perfecta en mi bemol maior.

Rakhmáninov revisou esta peza en marzo de 1940, mudando a melodía, mais deixando as continuas sestinas, demostrando que este motivo apresurado non é unha simple bravura ou mostra de virtuosismo.

Andante Cantabile en si menor miniatura|300px|Todo o Andante Cantabile ten melodías graves, escuras e grosas que lembran a unha marcha fúnebre. De novo, a seguinte peza difire drasticamente das anteriores: as continuas mudanzas na número dous son mitigadas coa terceira peza da serie, un «introspectivo rêverie [ensoñación]». Tomando a descrición anterior de xénero híbrido, esta peza é descrita como unha mestura entre os xéneros da canción sen palabras e a marcha fúnebre, para crear a peza de carácter máis ruso do conxunto, contando cun baixo sonoro e unha melodía sólida, características da música rusa.

Con tan só 55 compases, esta peza é unha das menos extensas, mais ten unha das maiores duracións da serie cuns sete minutos. A peza estrutúrase como unha forma a tres partes. O tema da primeira sección está tocado enteiramente en terceiras menores, acompañado pola man esquerda, que toca quintas xustas e oitavas. A sección central ten unha melodía en sextas menores, así como un baixo con oitavas en staccato. O lamento do primeiro tema transfórmase nunha explícita marcha fúnebre ao facerse as oitavas da man esquerda máis regulares.

Presto en mi menor miniatura|300px|O Estudo Revolucionario (Chopin, arriba) ten semellanzas co Presto na liña da man esquerda e na melodía. A cuarta peza é similar á segunda na calidade da súa interpretación. Esta peza mostra similitudes co Estudo Revolucionario de Chopin na esixente man esquerda ao longo da obra. Ademais parece, soa e séntese como se fora unha improvisación sobre o Preludio en sol maior (Op. 28, n.º 3) de Chopin. A peza conta con 67 compases de extensión, cunha duración duns tres minutos, e o seu tempo é o máis rápido de todas estas pezas, un presto (rápido) a 104 negras por minuto; polo tanto é a peza máis curta en termos de duración.

miniatura|300px|A man esquerda no comezo do Presto (arriba) e a terceira sección do Più vivo. O «desprazamento de rexistros» (resaltado) altera algunhas notas do mesmo motivo para aumentar a tensión. O Presto está escrito en forma ternaria cunha coda. A peza comeza cunha introdución en fortissimo cunha grosa textura na man esquerda que consiste en sestinas cromáticas. A melodía é unha idea «crecente, case militar», intercalada entre réplicas do motivo da man esquerda, sendo a melodía de dúas notas o elemento unificador máis forte. A sección central é un breve período de figuras que caen en pianississimo na man dereita e escalas ascendentes na esquerda. A terceira sección está marcada como Più vivo (máis vivo) e tócase mesmo máis rápido que a introdución, a 112 negras por minuto. Chegados a este punto a peza desenvólvese nunha textura moi densa, co motivo orixinal da man esquerda interpretado por ambas mans en distintos rexistros. A técnica de cambiar rapidamente de oitava na que se interpreta a melodía, ás veces chamada «desprazamento de rexistro», emprégase para presentar o motivo nun xeito máis dramático que incrementa a intensidade cara ao final. O final, unha coda en Prestissimo (moi rápido), marcado a 116 negras por minuto, é unha última e ampla reiteración do tema que pecha cun acorde en mi menor, que mostra a obsesión de Rakhmáninov polos sons de campás, que terán un papel destacado no seu Concerto para piano n.º 2 e no Preludio en dó sostido menor (Op. 3, n.º 2).

A peza constitúe un auténtico tour de force en resistencia e precisión: a introdución comeza co motivo da man esquerda, que require abarcar un intervalo de décima. Ademais, os intervalos de oitava aparecen xusto antes das series de rápidas sestinas, requirindo movementos de mans e pulsos veloces. As melodías dobres que Rakhmáninov emprega nesta obra existen a propósito para «manter ambas mans ocupadas», escurecendo a melodía e facendo difícil a proxección da man dereita. É a única peza da serie que ten indicacións de pedal.

Adagio sostenuto en re bemol maior miniatura|dereita|A man esquerda interpreta as mesmas figuras ao longo do Adagio sostenuto.