O proído ou proício é unha sensación peculiar ou irritación incómoda da pel que leva un desexo de rañar a parte en cuestión. Tamén é coñecido comunmente como coceira, rañeira, comichón ou comechón. O termo médico é prurito.
Clasificación O proído pode presentarse ben diseminado en diversas áreas do corpo (proído xeneralizado) ou nunha zona específica (proído localizado).
Etioloxía Aínda que antigamente se pensaba que o proído era un tipo de dor de baixa intensidade, sábese que é unha sensación distinta á dor; que ten a súa propia liña de conexión co cerebro.S. K. Mishra, M. A. Hoon.
O proído, xa sexa o localizado ou o xeneralizado, pode deberse a unha irritación química (por tocar unha determinada planta), causas ambientais (insolación de certa zona cutánea), urticaria, caspa, infeccións fungosas como o pé de atleta e a dentadas ou picaduras de parasitos na pel, no cabelo ou na pube (mosquitos, arañas, pulgas, piollos, carrachas, etc.).
O proído xeneralizado pode deberse a doenzas infecciosas, reaccións alérxicas, sarna, doenzas renais ou hepáticas con ictericia así como por reaccións a medicamentos.
Respecto ó mecanismo fisiolóxico polo cal se produce o proído, descubriuse que unha molécula denominada BNP (péptido natriurético B) e que se libera na medula espiñal transmite a sensación de proído ó cerebro. En experimentos con ratos, observouse que eliminando a molécula BNP ou a célula nerviosa receptora desta, os ratos deixaban de rascarse.
Notas
Categoría:Doenzas da pel Categoría:Síntomas Categoría:Termos médicos